O conselleiro de Facenda destaca que o asesoramento financeiro permite a empresas e particulares tomar mellores decisións

O conselleiro de Fancenda na inauguración da xornada. Foto: A. Varela
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou hoxe o papel desempeñado pola Asociación Europea de Analistas Financieros (EFPA) nas funcións de asesoramento e análise financeiro, e resaltou que este labor permite a empresas e a particulares tomar mellores decisións neste eido.
Valeriano Martínez, que inaugurou esta tarde en Santiago a Xornada Territorial en Galicia de EFPA España, sinalou que os asesores financeiros proporcionan información, análises e recomendacións que permiten á alta dirección tomar as decisións máis acaídas, das que, en gran medida, “dependerá o futuro da empresa e dos seus traballadores”.
O titular de Facenda engadiu que moitos dos problemas que tiveron particulares e empresas nos últimos anos derivan precisamente da falta dun asesoramento financeiro profesional, que lles permite coñecer con antelación e con claridade os riscos e obrigacións que asumen á hora de contratar certos produtos.
O conselleiro lembrou que EFPA España celebrou un anterior encontro en Santiago, en 2014, nun momento de cambio de tendencia económica despois da maior recesión económica das últimas décadas. Pola contra, recordou que na actualidade en España hai 593.000 cotizantes máis á Seguridade Social que hai un ano.
En todo caso, e para evitar caer nos erros do pasado, Valeriano Martínez defendeu o papel de EFPA España e o seu papel nos labores de aserosamento para ponderar o binomio responsabilidade-risco, para profundar na educación financeira e para facerlle fronte a factores como a incertidume.
Finalmente, na súa intervención citou tamén a nova Directiva sobre Mercados de Instrumentos Financieros (MiFID II), que suporá “un importante cambio para o sector” cando entre en vigor, en 2016. Esta nova normativa persegue garantir a seguridade, transparencia e eficacia dos mercados, coa finalidade de proporcionar unha maior protección aos clientes, obrigrando ás empresas que prestan servizos de investimentos a determinar o grupo de clientes aos que se dirixirá o instrumento financeiro que se quere comercializar, fixando o nivel de riscos e regulando a información que os bancos deberán proporcionar aos clientes.











