Medio cento de veciños desfruta dunha representación dos nenos do obradoiro municipal de teatro de Oroso
Medio cento de veciños e veciñas asistiu onte á tarde á representación de “Os Trastes”, a segunda obra que presentan os nenos e nenas do obradoiro municipal de teatro de Oroso: Teatro Cativo. Unha representación de media hora de duración dirixida por Andrea Álvarez Pino, directora de Teatro Cativo, e protagonizada polos nenos e nenas Elba Blanco, Marta Villaverde, Uxío Arias, Lucía Mira e Alba Hernández.
Esta foi a primeira obra que representaron os pequenos logo do seu primeiro ano completo como obradoiro de teatro, xa que a primeira función, “Romeo e Julieta: famosos namorados”, tivera lugar logo de tan só seis meses de clases.











