Cata de espumosos galegos en Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Cata de espumosos

Cata de espumosos

Este mércores 17 de xuño, no Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra de Miño, reuníronse os directores técnicos de todas as DD.OO. de Galicia e de zonas limítrofes para facer  a primeira cata profesional dos espumosos Galegos. Salvaterra de Miño é a Capital do Viño do Condado, leva 55 anos organizando unha das festas gastronómicas mais antigas de Galicia, a Festa do Viño do Condado, e ante a irrupción deste novo produto nas adegas do Condado, o ano pasado organizouse a primeira Festa do Viño Espumoso. O sector vitivinícola ten un gran peso na economía local e como tal unha gran relevancia en todas as súas facetas.

O panel de cata estivo formado por:

Beatriz Soto (Directora Técnica C.R. D.O. Ribeira Sacra)

Jorge Mazaira (Director Técnico C.R. D.O. Valdeorras)

Xosé Carballido (Presidente del Comité de Certificación y Calidad del C.R. D.O. Ribeiro)

José Antonio Feijoo (Presidente del C.R. II.GG. Aguardientes y licores Tradicionales de Galicia)

Miguel López (Director Técnico C.R. D.O. Monterrei)

José Dopazo (Miembro del Comité de Calificación del C.R. D.O. Rías Baixas – Sumiller de Makro Galicia)

Pablo Franco (Miembro del Comité de Calificación del C.R. D.O. Bierzo – EX director técnico D.O. Bierzo)

Rubén García (Gerente de Rutas del Vino del Bierzo (Ex director Técnico de los CC.RR. DD.OO. Bierzo y Ribera del Duero)

Santiago Castro (Director Técnico C.R. D.O. Toro)

Alejandro Paadín (Secretario General Asoc. Sumilleres Gallaecia)

Luis Paadín (Autor de la Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia)

A primeira cata profesional que se realiza con todos os espumosos galegos, 28 caldos que poñen de manifesto a gran diversidade e calidade dos nosos viños, onde o propio panel de cata veu dúas tendencias, a do estilo propio ou a prevaleza da caste sobre o sistema de elaboración. Os profesionais puxeron en valor os viños que tiñan as maiores  crianzas  en rima. En definitiva, Viños con personalidade propia. Unha acción mais de posta en valor dun dos recursos económicos  e  marca de identidade do noso municipio.

18 de xuño de 2015 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.