Alfonso Zarauza presenta o seu filme “Os Fenómenos” en San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

A segunda xornada do espazo “Venres en Sansa!” arrancará coa proxección do filme Os Fenómenos, dirixido por Alfonso Zarauza. A fita foi unha das grandes triunfadoras dos últimos premios Mestre Mateo, onde levou o premio á mellor película, á mellor dirección e ao guión, escrito man a man polo propio Zarauza e por Jaione Camborda -coñecidos xa en San Sadurniño por ter participado no Chanfaina Lab-, ademais de servirlle a Ledicia Sola para conseguir o recoñecemento como mellor actriz de reparto.  Os Fenómenos pasarase a partir das 21.00h. na Casa da Cultura coa asistencia do director. 

A actividade está incluída na programación “Venres en Sansa!”, coa que se tenta iniciar un calendario estable de propostas de lecer alternativo para a mocidade. O aforo para a proxección é de 110 persoas e cómpre reservar entrada, que é gratuíta. Para facelo hai que pasar pola Casa da Cultura ou chamar aos teléfonos 616 332 919 – 981 490 027 (ext. 3).

O cine non será a única proposta da noite. Á mesma hora desenvolverase un obradoiro de kickboxing no pavillón do CPI e posteriormente, entre as 23.00h. e a 1 da mañá, haberá unha nova sesión de cociña e unha ruta ciclista nocturna de dificultade media que percorrerá 16 quilómetros por camiños de San Sadurniño e Ferreira.

10 de xuño de 2015 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.