O Auditorio de Ribadumia acolle o festival de Fin de Curso de Danza Moderna
A concellería de Cultura de Ribadumia propón para este fin de semana dúas actuacións co motivo do fin de curso das escolas municipais. Por un lado, o sábado 30 de maio ás 20:00 horas, e con motivo do fin de curso da Banda Municipal de Ribadumia, organízase un concerto de fin de carreira no que actuará un trombón acompañado por un pianista. A actuación ten entrada libre.
Por outro lado, o Domingo ás 18:00 horas terá lugar o VI Festival de Fin de Curso de Danza Moderna da Escola Deportiva de Ribadumia. A escola organiza unha exhibición de baile de diversos estilos: jazz, hip-hop… entre os rapaces que conforman a agrupación –25 nenos entre 6 e 15 anos-.
Ademais, o festival contará coa invitación especial das escolas de baile de Gondomar e Vigo. Os rapaces representarán entre 11 e 12 actuacións de estilos musicais diferentes, entre os que destacará o jazz sobre os demais.
Entrada de balde. Con estas actuacións, ponse fin á programación do Auditorio Municipal antes do parón de verán, xa que ata outubro non se volve a retomar actividade. Por todo iso, dende o Concello pídese a máxima participación tanto para apoiar e disfrutar cos rapaces e para despedir á programación do Auditorio.











