Cesáreo Torres e Alejo Amoedo ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal de Ribadumia co motivo do Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A concellería de Cultura de Ribadumia propón para este fin de semana e con motivo das Letras Galegas un concerto a cargo do tenor Cesáreo Torres e o pianista Alejo Amoedo. O dúo interpretará doce poemas de Xosé Neira Vilas do libro cd “Cantos que veñen de lonxe”.

O concerto conmemora o Día das Letras Galegas con dous músicos galegos de prestixio: o tenor Cesáreo Torres e o pianista Alejo Moedo.

Cesáreo Torres (Carbia, 1957) comezou os seus estudos de canto no Conservatorio de A Coruña e hoxe en día é recoñecido como tenor a nivel nacional e internacional. Por outra parte, Alejo Amoedo (Redondela, 1966) rematou estudos de piano e de música de cámara. O seu talento levouno ó recoñecemento nacional e destaca polas súas obras con músicos de prestixio como Roxelio Groba ou Miguel Brotóns.

Xuntos gravaron o disco de música galega “Os teus ollos”. Nesta ocasión vólvense reunir no Auditorio Municipal de Ribadumia para homenaxear doce poemas de Xosé Neiras Vilas.

O noso escritor máis recoñecido ía asistir nun principio ó concerto, pero por motivos de saúde non poderá desprazarse ata Ribadumia. Si se lerá unha carta no seu nome no mesmo acto.

As doce cancións que interpretarán os músicos, “Cantos que veñen de lonxe”, xorden no Primeiro Congreso da Emigración Galega que tivo lugar en Bos Aires por unha petición do compositor e tenor celanovés Xervasio Vázquez a Neira Vilas para escribir letras para varias cancións galegas. Cando o tenor musicalizou as letras, tiveron tan boa acollida por parte do público que continúan interpretándoas.

O concerto terá lugar o vindeiro domingo 10 de maio no Auditorio Municipal de Ribadumia ás 20:00 horas.

O programa será o seguinte:

1.Adiante – 2. A volta do afiador – 3. Morte do emigrante. – 4. Labrego – 5. Vento – 6. Lavandeira /Descanso/ 7. Meu Cantar – 8. Patria – 9. Canto de berce – 10. Mariñeiros – 11. Melro – 12. Bicos e rosas

Entrada libre.

Concerto da Banda de Música Municipal de Ribadumia

Ademais do concerto programado para o Domingo, o Auditorio recibirá este venres outro concerto co motivo das Letras Galegas organizado pola Banda de Música Municipal de Ribadumia.

O concerto a cargo da agrupación municipal terá lugar o venres 8 de maio ás 21:30 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.

7 de maio de 2015 | 12:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.