Baiona acolle a Copa Galicia de vela da clase 420 este fin de semana
Este fin de semana celébrase en Baiona a Copa Galicia da clase 420, unha regata organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Baitra Accesorios Navais ao amparo da Federación Galega de Vela. A competición, que reunirá a 34 mozos deportistas de toda Galicia, comezará o sábado ás dúas e media da tarde e continuará o domingo a partir das once e media da mañá.
As tripulacións de 420, formadas por dous regatistas, disputaranse ata un total de seis probas, nas que se decidirá quen é o gañador do trofeo. A entrega de premios celebrarase ao finalizar a regata nas instalacións do Monte Real.
A clase internacional 420 é un tipo de embarcación a vela, con trapecio e spinnakker, que debe o seu nome ás medidas da súa eslora. O seu deseño asegura bos planeos e un alto rendemento con vento de popa. Trátase dun barco perfecto como fase intermedia para os regatistas que queren dar o salto da vela infantil ás clases olímpicas.











