As Camiñadas parroquiais chegan a Lamas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Sadurniño
A-
A+

O Concello volve organizar as Camiñadas parroquiais aproveitando a chegada do bo tempo e que os días son máis longos. Son paseos ao aire libre aptos para todas as idades, relativamente curtos -entre 5 e 8 quilómetros de distancia- e cun nivel de dificultade baixo, posto que discorren por pistas e camiños en bo estado e sen demasiado desnivel.

O Concello organizou cinco camiñadas que sairán dos locais sociais e doutros puntos das distintas parroquias e sempre ás 16 horas. Non é necesario inscribirse, abonda con estar no punto de saída á hora e no día sinalados. Iso si, desde o Concello aconséllase levar roupa cómoda e clara -mellor chaleco reflectante-, calzado sen tacón que non sexa de estrea, calcetíns de algodón, gorra, bebida e algo de comer. Farán de guía os grupos de ximnasia de mantemento das respectivas parroquias.

Para máis información pódese chamar ao teléfono do Ximnasio municipal, 647 491 371 en horario de 19 a 23h.

Este venres tócalle á parroquia de Lamas, con saída ás 16.00h. da área recreativa. O luns a camiñada partirá do local social da Seara, en Ferreira.

21 de maio de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.