A Biblioteca de Oroso organiza unha xincana literaria para despedir a temporada do Programa de Animación á Lectura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Oroso organiza este venres 29 de maio unha xincana literaria coa que porá o punto e final a esta temporada do Programa de Animación á Lectura. Trátase dunha actividade especial de fin de curso dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, terá lugar ás 18:00 horas e unha duración aproximada de hora e media.

A participación nesta actividade é totalmente de balde, se ben é preciso anotarse previamente na Biblioteca Municipal de Oroso ou no teléfono 981 690 903. Hai dispoñibles un total de 50 prazas. A xincana literaria será unha especie de recompilación do realizado durante todo o curso, onde os nenos e nenas afrontarán multitude de xogos cooperativos relacionados coa literatura.

 

26 de maio de 2015 | 18:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.