UPyD en Galicia constitúe unha xestora e afirma que segue coa súa actividade para as eleccións municipais
O Consello de Dirección de Unión, Progreso y Democracia (UPyD) procedeu na tarde deste venres a nomear unha comisión xestora en substitución do Consello Territorial de Galicia.
Nun comunicado, xustifica a xestora pola “acumulación” de dimisións rexistrada dentro do devandito Consello Territorial, por enriba da metade dos seus membros electos, o que conforme aos estatutos do partido fai que o propio órgano “decaia de forma automática”.
A comisión xestora, órgano de carácter transitorio, queda composto por Ana María Alonso Lorenzo (coordinadora), Carlos Oliva, Agustín Gallego Vigo (candidato de UPyD en Lugo) e Olga Fabello García, candidata de UPyD en Ourense.











