O Concello de Ribadumia informa sobre subvencións convocadas pola Consellería de Economía e Industria
O Concello de Ribadumia quere informar ós seus veciños que a Consellería de Economía e Industria ven de convocar as seguintes subvencións:
– Renovación de cubertas con tella cerámica
– Renovación de cubertas de pizarra
– Rehabilitación de fachadas con granito
Os costes subvencionables son os materiais de novas cubertas (de tella cerámica ou pizarra), así como de materiais de granito; a desmontaxe de cubertas e de material de fachada; os costes nos proxectos de arquitectura e os costes de licencias.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os particulares ou comunidades de propietarios sempre que se realicen en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes poderán ser presentadas ata o 13 de xuño de 2015 ou ata esgotar fondos. Os interesados poden acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia.











