Novo curso de arte floral en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Para o mes de maio está proxectado o comenzo dun novo curso de ARTE FLORAL. Vanse a ofertar dous niveles, un para aquel alumnado que quera iniciarse e outro para os que xa teñen coñecementos na materia. Nesta época do ano é un momento único xa que temos a vexetación en todo o seu esplendor e aquelas persoas que queiran aproveitar de facer traballos coas flores e verdes do seu xardín van poder facelo. Seguimos a contar coa profesionalidade da monitora Carmen Castro Balboa que xa ten dirixido infinidade de cursos e que sempre aposta por materiales e ideas novas para que o alumnado esperte a súa creatividade.

Resumo de como se estructura o curso:

ORGANIZA: Concello de Poio. Benestar Social

HORARIO: Grupo de iniciación: os martes de 17.00 a 19.00 h

Grupo de perfeccionamento: os martes de 19.30 a 21.30 h.

LUGAR: No centro social “casa rosada”.

DURACIÓN: Dous meses ( 8 martes)

COMENZO: 5 de maio.

PREZO: 40 € / curso completo. O material corre por conta do alumnado.

INSCRICIÓNS: No centro social do concello “casa rosada”. Teléfono: 986872401

 

10 de abril de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.