Heterosexualidade dominante baixo a reivindicación transfeminista na semana da filosofía en Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Unha mirada crítica sobre a “política sociosexual” permite observar a “desigualdade de dereitos” das persoas con identidades diverxentes e a asunción da diversidade pon en entredito o universalismo científico na sociedade globalizada. En resposta ó modelo heterosexual o Transfeminismo aglutina nunha “loita global, radical e revolucionaria” o esforzo de identidades sexuais marxinalizadas por librarse da exclusión social. As dominacións prenden tamén no eido científico a través do cientificismo, pero as esixencias particularistas emancipatorias evidencian a inocencia sexual bioloxicista e os condicionamentos do dimorfismo sexual.

Nieto Piñeroba reiterou na poñencia da mañán a esixencia da observancia contextualizada da diversidade. A “obxectividade” do universalismo científico é insuficiente sen unha mirada crítica que poña en entredito os presupostos científicos das ciencias sociais. Un estudio comparativo delata “a ausencia de dereitos dos diferentes”. As “políticas sociosexuais” lonxe da obxectividade neutral son “produto dunha construción imaxinaria” fundamentada moitas veces no “abuso de poder” que provoca o silenciamento da diferenza. As normativas socioadministrativas actuais sosteñen un modelo de organización que aínda non admite ós transexuais, quenes atopan dificultades mesmo en xestións administrativas ordinarias. As formulacións actuais dificultan as construccións identitarias, incluso de menores, dando lugar a procesos coma os vividos pola pequena Sara (favorablemente resolta en Lugo hai uns meses), ou o caso de Charlotte Goiar no 2013. Históricamente o denominado “pánico sexual” fixo que a sociedade adoptara medidas de protección desmesurada cara as persoas que practicaban outro tipo de sexualidades. Moitas veces, este pánico estibo incentivadas por personalidades ou entidades vinculadas á moralidade relixiosa e prexuizos baseados no descoñecemento. Máis alá do pánico sexual cunha base de coñecemento sin prexuizos, a observación da diversidade sexual debe ter en conta o principio de igualdade na diferenza que aínda non se da. Nos sesenta empezouse de maneira, en principio, minoritaraia reivindicacións de dereitos sexuais (anticoncepción, feminismos, gays, lesbicos, transexuais, asexuais), que aínda medio século despois se ven na necesidade de manter unha dialéctica reivindicativa

A situación teorizada pola mañán será traída á praxe na sesión da tarde. A política sociosexual que refería Nieto Piñeroba na súa intervención foi, en certo modo, como explicará esta tarde Laura Bugalho, a causante do declive do primeiro bosquexo transfeminista protagonizado pola Federación Galega Aturuxo. Baixo o punto de vista da poñente, en lugar de apoiar a iniciativa o grupo que governaba daquela tentou asimilala iniciativa en base a intereses partidistas. Protagonizarían máis tarde, un novo intento Maribolheras Precarias, Nomepsisesofreghao, Oquenosaedacona e o Coletivo TransGaliza. A transcendencia do particular ó universal das reivindicacións, aglutina ós colectivos no esforzo por erradicar a exclusión social e política “nunha loita, radical e revolucionaria” que une as voces de distintos colectivos para falar máis alto.

Pola noite Peteiro Cartelle incidirá na responsabilidade que o cientificismo ten nas necesidades reivindicativas dos colectivos marxinalizados. A ciencia non foi quen de sustraerse históricamente ás formas de control e lexitimación do poder que condicionaron a interpretación social das sexualidades. O dimorfismo coma a función reprodutiva fundamentaron un discurso dominante sustentado na autoridade intelectual. O mito contemporáneo alimenta a idea de que a Ciencia por si mesma poderá resolver todos os problemas sociais. Esta “doxa contemporánea” ten como consecuencia a configuración do suxeito en torno á proposta das verdades científicas que reducen a experiencia subxectiva. Isto ten contribuído a marxinalización das condutas diverxentes que dificultaron inicialmente o paso do individuo ó suxeito, probablemente sexan as súas reivindicacións sinais da emancipación das identidades.

RECEPCIÓN CO ALCALDE

Trala sesión da mañá a Aula Castelao de Filosofía asistiron á recepción ofrecida polo Concello de Pontevedra. O alcalde Lores e Anxos Riveiro recibiron ós organización da XXXII Semana Galega de Filosofía acompañados polos poñentes Efigenio Amezúa, Dolores Juliano, José Nieto Piñeroba e Belén Castellanos. A aula Castelao de filosofía coma os poñentes manifestáronse agradecidos pola hospitalidade do Concello de Pontevedra e pola súa contribución a estas xornadas de Filosofía e Sexualidade. O Alcalde pola súa banda sentiuse satisfeito e orgulloso de promover un modelo de cidade que non é so urbana no sentido mobiliario, senón un modelo urbano deseñado para acoller a actividade humana, neste caso filosófica e cultural.

PRESENTACIÓN DE LIBROS

Antes das poñencias da tarde, ás 4:30, Xosé Manuel Blanco Roo -profesor Catedrático de Filoloxía Clásica especializado en grego- presentará no marco das xornadas, a súa tradución ó galego da República de Platón, a primeira tradución directa do grego ó galego desta obra. Ó falar desta obra, di Blanco Roo, que nos situamos “ ante o primeiro gran tratado da filosofía occidental, pero sobre todo ante unha obra que, concibida varios séculos antes da nosa era, aborda aspectos que aínda hoxe, no terceiro milenio, continúan sendo obxecto de reflexión e debate. Trátase de unha magnífica tradución; a primeira deste texto ó noso idioma”. Segundo o autor desta tradución “a República (orixinalmente en grego Politeia, ‘O estado’) é, dende moitos puntos de vista, a máis importante obra de Platón. A conversa inicial entre Sócrates e diversos personaxes (como o rico siracusano Céfalo, o sofista Trasímaco ou os irmáns máis vellos de Platón) acaba centrando o tema na natureza da xustiza e o seu valor para os humanos. Agora ben, en vista de que a persoa perfectamente xusta é para Platón a perfectamente boa en todos os sentidos; o asunto, a fin de contas, consiste na determinación dos fundamentos e o valor da vida boa. Ese núcleo argumental permítelle ao autor manifestar a súa posición ante a práctica totalidade das cuestións que podía abranguer un pensador da Grecia clásica: a natureza do ser, a estrutura da mente, o método científico ou a subordinación da orde social e do sistema educativo ás necesidades do individuo.”.

7 de abril de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.