Finalizan os traballos de mellora da capa de rodadura da rúa Pontearnelas realizados en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

Trátase dunha obra con cargo ó PUSIM dentro do Plan de investimento que a Deputación de Pontevedra ten establecido no Concello de Ribadumia. Remataron esta semana as labores de canalización de servizos na rúa Mamuela,remodelación de beirarrúas e as obras de asfaltado e alumeado que contaban cun presuposto total de 187.883,43€.

Á vista do crecente aumento de tráfico nesa área, este Plan de investimento de “Mellora da capa de rodadura da rúa Pontearnelas” tiña programadas unha serie de actuacións co fin de mellorar o pavimento e reparar defectos producidos polo paso do tempo, humanizando o entorno e reforzando así a seguridade do tráfico.

8 de abril de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.