Doxa quere equiparar aos estudantes galegos cos do resto do estado
Integrantes do grupo Doxa,reuníronese cos medios de comunicación na Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para facer públicas as alegacións feitas ó anteproxecto da Xunta para a implantación da reforma da LOMCE.
Juan Carlos Fernández Naveiro coordinador do Grupo de Filosofía Doxa presentou esta mañá ante os medios unha proposta de revisión do Anteproxecto de Decreto polo que se establece o Currículo da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia de forma que se equipare o currículo ó do resto do estado español. A proposta presentada por Doxa é perfectamente adaptable ó marco normativo do Ministerio e de feito achégase ás formulas que se están adaptando no resto do estado español. No resto do estado estase a deseñar un currículo de 3 ou máis horas para a materia de Filosofía en tódalas comunidades autónomas –incluídas as que teñen lingua propia como Cataluña, Valencia e Baleares- contemplan una asignación de 3 horas na maioría das comunidade autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria,Castela-León, Navarra, Cataluña, Valencia, Baleares) e ata 4 horas en Murcia, A Rioxa e probablemente Madrid.
No antreproxecto da Xunta a materia de Filosofía contaría con so dúas horas semanais de formación, feito que poñería en desvantaxe ó estudantado galego á hora de afrontar as probas estatais de avaliación final do Bacharelato. No antreproxecto da Xuntaa proposta é que a formación en Filosofía conte con so 2 horas semanais polo que na avaliación enfrontaríanse ás mesmas probas estatais de avaliación final de Bacharelato,concorrendo en desvantaxe co resto de estudantes do estado español xa que competirían “con dúas horas de preparación nunha proba pensada para un alumnado que a estivo cursando tres ou catro horas no resto do estado español”.
Por este motivo, as alegacións presentadas contra o Anteproxecto da LOMCEen Galiza, polo Grupo Doxa, pretenden manter a presenza da filosofía no currículo de forma equiparada ó resto do estado en número de horas e contidos. O Grupo pide ó Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que aumente nunha hora a carga horaria da “Filosofía” do 1º curso de Bacharelato e propoña a “Historia da Filosofía” do 2º curso do Bacharelato como “materia específica obrigatoria” para todas as modalidades de Bacharelato, para manter unha formación non inferior a 3 horas semanais fronte ás 2 que propón a Xunta.
Ademais do desequilibrio formativo que daría a diverxencia en horas en relación as avaliacións finais de Bacharelato, Juan Carlos Fernández Naveiro explicou que o estudo da Filosofía no curriculo de secundaria ten un impacto positivo na formación integral dos alumnos que conseguen -cando estudan Filosofía- un maior rendemento tamén en outras materias como veñen constatando estudos de referencia coma os informes PISA e tamén nas GraduateRecordExaminations que se realizan nos Estados Unidos. Estas probas veñen demostrando que Os países con mellores puntuacións nas medicións de competencias(Canadá, Finlandia, Nova Zelandia e Xapón) coinciden en seren ademais os que máis peso conceden á filosofía.
Segundo explica Doxa os estudos de Filosofía proporcionan ao estudante catro tipos de formación:
a) unha formación instrumental no uso rigoroso da linguaxe oral e escrita, e na comprensión de conceptos e problemas, o que o axuda a mellorar as súas capacidades de razoamento e comunicación;
b) unha formación transversal e interdisciplinar, que lle permite conectar os diversos saberes do currículo e desenvolver unha maior capacidade de xuízo para afrontar a complexidade do mundo contemporáneo;
c) unha formación histórica básica sobre os grandes sistemas de pensamento que configuraron e seguen a configurar a identidade cultural de Occidente;
d) e, por último, unha formación integral que o axuda a conciliar o coñecemento, a moral e a sensibilidade, e que é imprescindible para a súa maduración persoal e cualificación profesional.
Doxa solicita nas súas alegacións manter en 3 o número de horas igual ca na maioría do estado para garantir a concorrencia en igualdade na concorrencia á proba de avaliación final de Bacharelatodas alumnas e alumnos de Galicia. Manter a Historia da Filosofía de 2º de Bacharelato como materia obrigatoria será outra das propostas destinadas a capacitar ás novas xeracións de Galicia para afrontar os estudos de ensino superior e darlles acceso ás ideas que dan forma á nosa cultura.
Polo tanto adoptar un modelo baseado nos actuais recortes que propón a Xunta “suporía frustrar unhaformación integral do estudante galego e minguar a súa capacitación” para afontar as probas de avaliación final establecidas polo MEC e o acceso ao ensino superior en igualdade cos alumnos do resto do estado.
O Anteproxecto da Xunta propón unha reducción do 75% no curriculo da Filosofía en Galicia;elimina (a “Educación para a Cidadanía” de 2º da ESO, a “Educación Ético-Cívica” de 4º da ESO, e a “Historia da Filosofía” de 2º do Bacharelato) tres das catro materias obrigatorias que viñan compoñendo o ciclo completo dos estudos de Filosofía na Educación Secundariae deixa só unha materia obrigatoria (a “Filosofía” de 1º do Bacharelato). A carga lectiva sería 2 horas para Filosofía de 1º de Bacharelato en Galicia de mentres que o resto de comunidades autónomas –incluídas as que teñen lingua propia como Cataluña, Valencia e Baleares- contemplan una asignación de 3 horas na maioría das comunidade autónomas (Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria,Castela-León, Navarra, Cataluña, Valencia, Baleares) e ata 4 horas en Murcia, A Rioxa e probablemente Madrid.











