Dende Grecia á marxinalización do sexo de pago na Semana da Filosofía en Pontevedra
Os actuais discursos sobre a pornografía e a prostitución enraízan en epistemoloxías que beben da máis antiga tradición na Grecia clásica. Desexo, erotismo e xenitalidade mantéñense na historia do pensamento consolidando -mesmo a través da cultura oral- concepcións restrictivas da sexualidade baixo un modelo dominante nas relacións sexo-emotivas da cultura galega tradicional. Aínda na actualidade, ata os feminismo máis inclusivos atopan dificultade ó integrar sexualidades marxinalizadas coma o sexo de pago.
Na primeira xornada de debate, unha reflexión histórica permitiu poñer de relevo as orixes e evolución das actuais concepcións da sexualidade. A mirada holística (sexoloxía, etnografía e antropoloxía) aportada por Efigenio Amezúa, Xosé Luis Garrosa Gude e Dolores Juliano permitiu desvelar os condicionamentos que a fisicidade xenital introduciu no pensamento grecorromano e que serve de base ás máis actuais teorías científicas sobre o sexo. Como explicou Amezúa, hai un peso moi importante da fisioloxía nas teorías da sexualidade. Xa que “as palabras son as bandexas nas que se nos presenta a realidade que vivinos”. Amezúa lembrou que “o sexo non é simplemente o que se fai cos xenitais”, se o fose usariamos directamente a palabra xenital. Por este motivo tampouco debe condicionar nin limitar as posibilidades da identidade sexual. Dende esta postura, a poñencia da mañá reivindicou unha defensa do erotismo e o desexo e dende ela a consideración de que “se houbese máis eros, habería menos porneia”.
A cultura popular galega non é allea ó condicionamento -do que falaba Amezúa esta mañán- que a fisicidade xenital e a función reproductora tiveron nas concepcións da sexualidade establecendo un modelo heterosexual dominante. No cancioneiro popular que revisará Garrosa pola tarde, apenas hai refencias a outras identidades sexuais (Garrosa presenta rá unha única referencia á homosexualidade masculina) e cando as hai están cargadas de connotacións negativas e discriminativas e marxinalizantes. A ausencia de outras identidades sexuais no cancioneiro popular galego, revela que mito e tabú non deixan de ser expresión e construcción da dominante heterosexual que, aínda na actualidade impide integrar as voces de outras identidades (homosexualidade, transexualidade, bisexualidade…) e outros usos da sexualidade distintas á reproductora coma por exemplo o sexo de pago. Pese a ser o sexo de pago unha actividade presente e constante en tódalas culturas, aínda na actualidade, o que Dolores Juliano denomina “organización sexo-social” segue marxinalizando conductas disidentes do modelo hetero-reproductivo coma a pornografía e a prostitución. O peso dese pasado excluínte fai que, mesmo os feminismos máis liberadores teñan na actualidade, dificultades para integrar a mercantilización do sexo. Na sesión da noite a Juliano afondará nesta realidade explicando como se esto diversifican as posturas feministas xenerando correntes divergentes que van dende o autoritarismo evolucionista ata correntes coma o feminismo prosexo e queer.
ACTO INAUGURAL
Como representante do patrocinador principal -Concello de Pontevedra- o Alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, inaugurou unhas xornadas que cada ano converten a Pontevedra “no facho máis brillante” deste país e envolven ás mentes máis versadas nun elevado nivel de erudición”. O alcalde defendeu a diversidade sexual “como cidadán” e reinvindicou “a harmonía e democrática” xa que, “a democrácia é sobre todo a igualdade de todos” e esta liberdade non se pode manifestar máis ca a través do “respecto á liberdade de expresión individual”.
A Presidenta da Comisión Informativa de Cultura da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez Reboredo eloxiou o debate interdisciplinario e inclusivo que prantexa a XXXII Semana de Filosofía en torno á “Filosofía e Sexualidade” e agradeceu á aula Castelao o incansable esforzo por “traer a Pontevedra o debate filosófico” dende hai xa 32 edicións. A Vicedecana do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra, María Adrio Taracido, lembrou que a sexualidade non é unha cuestión allea á temática das xornaddas, senón que participa moi activamente na mediación das violencias que tanto individuos como institucións exercen no terreo da sexualidade (discriminacións, acosos, violacións, reivindicacións).
Ana Regueira presentou a configuración das ponencias en torno “unha serie de liñas imprescindibles en función das cais era preciso vertebrar o programa”. O programa parte da análise do desenvolvemento das identidades sexuais (Gais, Lesbianas, Homosexuais e Transexuais, Asexuais…) e continúa con unha análise das relacións de poder que se establecen en torno á sexualidade na sociedade actual na que a heterosexualidade xa non está soa e non pode seguir marxinalizando outras identidades, usos e costumes sexuais. O último movemento desta dialéctica constructiva que propón a XXXII Semana Galega de Filosofía pretende recuperar para a emancipación social a capacidade creativa do erotismo unha intención que Ana Regueira expresou parafraseando a André Bretón “o único arte digno do home e do espazo, o único capaz de conducilo máis alá das estrelas é o erotismo”
Juan Manuel Corbacho Valencia, Vicerreitor do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e -coorganizadora do evento- fixo na súa intervención un chamamento en favor da cultura e congratulóuse, en nome da Universidade de Vigo, da iniciativa de intervir na Semana Galega de Filosofía porque “apoiar a cultura é unha inversión en todo caso, nunca un gasto” e gabou o modelo discursivo de debate que adoptan as xornadas porque “debatir e aprender”.
Ana Regueira agradeceu ás institucións representadas mesa e á Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Secretaría Xeral de Cultura, Paradores e Instituto Valle Inclán a súa contribución á celebracións desta 32 edición. Ademáis agredeceu especialmente ó público a súa constante participación que xustifica a celebración da Semana Galega de Filosofía e supón un pulo de esperanza para a filosofía en Galiza.
MANIFESTO CONTRA A PERMANENCIA DE ENCE NA RÍA
Na tarde do realizarase a lectura do manifesto da Asociación Pola Defensa da Ría en relación en relación coa recente sentenza do da Sección Segunda da Sá do Contencioso-Administrativo do TSXG e á posible renovación da AAI de ENCE, feito que suporía a permanencia dunha empresa contaminante no río Lérez e o subsiguinte deterioro ecolóxico. A permanencia de ENCE supón un desgaste continuo e progresivo non so da saúde senón ademáis dos activos cos que conta a industria do turismo en Pontevedra. Un sector actualmente defendido como motor económico en emerxencia polo governo da Xunta de Galicia que detenta o Partido Popular, que sin embargo se postula a favor da continuidade do complexo de ENCE na ría. A Aula Castelao de Filosofía suscribe o manifesto de APDR e manifesta o seu apoio á causa cedendo o espazo á lectura na que actúará como representante Carlos Calviño, ex_presidente e actualmente membro da Aula Castelao de Filosofía. Durante a toda a semana faráse unha recollida de sinaturas a favor da iniciativa de APDR.
OUTRAS RECOLLIDAS DE FIRMAS E MÁIS
Coma de común a Aula Castelao actúa coma un entorno que cede o seu espacio para dar voz e apoiar a outras causas facendo de amplificador para que estas poidan chegar á sociedade. Nesta edición, tócalle moi de preto á Iniciativa Lexislativa Popular para devolver ó pobo a figura de Castelao. Esta iniciativa da federación de asociacións culturais Galiza Cultura xunto coa Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e outras entidades da cultura promove o dereito ó coñecemento e á da obra de Castelao polo pobo galego.
Ademáis desta recollida de firmas e a de apoio á iniciativa de APDR, haberá unha recollida de firmas a favor do Manifesto “Venezuela non é una ameaza” que promove o gobernó venezolano en resposta ás ameazas de USA.
A aula Castelao de filosofía tamén ten suscrito coa Biblioteca Pública Municipal un acordo de colaboración polo que estará presente nas xornadas amosando –durante toda a semana- parte do seu fondo documental relacionado coa temática que aborda a semana deste ano. Tamén achegarán o seu fondo documental relativo a Librería paz e a Librería Metáfora.











