Apertura do prazo de inscrición no espazo ‘Convive en Igualdade’ de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O vindeiro luns 04 de maio ábrese o prazo de inscrición do servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade” (Ludoteca de Verán – Campamento urbano) para o ano 2015, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Este servizo, que busca cubrir o tempo vacacional dos/as nenos/as así como conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores, comezará o 22 de xuño e finalizará o 09 de setembro. Levarase a cabo de luns a venres, cun amplo abano de horario e distribución por idades; ademais da contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil -oito monitora/es de lecer e/ou animación sociocultural-, dez monitoras/es de voluntariado xuvenil e persoal en prácticas.

Horario de 10 a 14 horas

 

Empadroados/as

Non Empadroados/as

Servizo completo

100 €

125 €

Metade servizo

50 €

62,50 €

Quincena

30 €

40 €

Horario de 09 a 14 horas

 

Empadroados/as

Non Empadroados/as

Servizo completo

115 €

140 €

Metade servizo

65 €

77,50 €

Quincena

45 €

55 €

Horario de 08.30 a 14.30 horas

 

Empadroados/as

Non Empadroados/as

Servizo completo

130 €

155 €

Metade servizo

80 €

92,50 €

Quincena

60 €

70 €

A Ludoteca de Verán – Campamento Urbano é un espazo destinado a menores, con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos, que se realizará nas instalacións dos Módulos do CEIP Amaro Refoxo, CEIP Princesa de España, salón de AEVER-CCU Verín (Asociación de Empresarios de Verín-Centro Comercial Urbano Verín) e nas dependencias municipais da Casa da Xuventude e Casa da Cultura.

Obradoiros educativos e lúdicos de igualdade e coeducación, ambientais, xogos cooperativos e de convivencia en tolerancia e interculturais, animación á lectura e contacontos, piscina, piragüismo, rutas de sendeirismo, novas tecnoloxías, cine infantil, xogos tradicionais, olimpíadas ou unha acampada nocturna serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos/as, que este ano como novidade importante contarán coa realización de actividades lúdicas de inmersión ao inglés a través da fale e o xogo.

Por outra banda, durante estes meses tamén se programaranse iniciativas específicas como San Fermín, “Ponlle as pilas ao teu Bocata”, visita ao Parque de Bombeiros, Educamóbil, actividades coa Cruz Vermella, visita as Instalacións da Policía Local, Día do Avó e da avóa e o desfile da Ludobatucada, no que eles/as mesmos/as realizarán os seus disfraces.

As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (Avda. Portugal 11, 1ª planta – Porta 15), por orde de inscrición e pago ata cubrir 150 prazas.

29 de abril de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.