publicidade hoxe

O salón de plenos do Carballiño foi escenario dos actos institucionais do Día Internacional das Mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O salon de plenos do concello do Carballiño foi o esceario escollido pola edil de Benestar Social e Muller, para desenrolar os actos institucionais do Día Internacional das Mulleres, contando ca presencia da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella.

A benvida o acto correu a cargo do alcalde carballiñés, que animou a todolos presentes a seguir traballando pola igualdade, e a edil e traballadoras de Benestar e Muller, a seguir na liena actual, chegando a todolos sectores da sociedade carballiñesa.

Durante o acto entregaronse os diplomas os asistenes os distintos cursos convocados de igualdade e os premios de fotografía “Una mirada de xenero: Con E de emprendedoras”.

A edil Purificación Alberte señalaba en su discurso que :”Quero agradecer a participación neste acto da Secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella , da Secretaria Territorial da Delegación da Xunta en Ourense, representantes do ámbito educativo, sanitario,cultural e social do Carballiño e a todos as veciñas e veciños que nos acompañan.

Con este acto queremos a recoñecer e valorar a formación e o traballo realizado por mulleres e homes do noso Concello e da nosa comarca e o mesmo tempo mostrar o compromiso do Concello de o Carballiño en prol da igualdade mostrando as actuacións recollidas no II Plan de Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

A finais do ano 2014 rematou o II Plan de Igualdade e agora estamos realizando a súa avaliación, para coñecer en detalle o que se fixo, que logros se conseguiron, as dificultades coas que nos atopamos, e sobre todo saber que impacto tiveron estas actuacións no avance da igualdade no Carballiño. Parece que actualmente , en xeral , estamos máis concienciados sobre as discriminacións entre mulleres e homes, pero aínda seguen a darse moitas situacións de desigualdade .

E non nos referimos só as situacións de violencia de xénero, que é a maior desigualdade hoxe en día na nosa sociedade. Falamos de que seguimos a ser maioritariamente as mulleres as que coidamos, xa non só aos fillos e fillas, senón tamén as persoas anciás, reducindo dun xeito importante as nosas posibilidades de formación e acceso ao mundo laboral, da desigualdade salarial, da explotación sexual á que son sometidas moitas mulleres , de como as mozas e mozos seguen a reproducir estereotipos machistas, nos xogos, nos deportes, nos estudos que escollen, nas profesións, en cómo viven as súas relacións de parella, e do control que exercen algúns mozos sobre as mozas actualmente a través das novas tecnoloxías, e o que é peor , víveno e sénteno como algo “normal”.

26 de marzo de 2015 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.