O Rio Natura Monbus Obradoiro activa unha Quincena Especial para recibir ao Real Madrid
Ponse á venda as entradas para ver o Rio Natura Monbus contra o Real Madrid, con Prezo Especial ata o día 15 de abril. O Real Madrid visitará a Caldeira de Sar o vindeiro domingo 3 de maio (12.40 horas). O encontro ante o vixente campión da Copa do Rei é un dos máis esperados pola afección obradoirista, polo que o club activou uns Prezos Especiais para os que obteñan as súas entradas con anticipación, antes do 16 de abril.
Así, todos os abonados do club que queiran traer a familiares e amigos, xa que eles entrarán co seu carné de abonado como nos demais encontros, poden comprar entradas para eles a 29 euros en Fondos, 35 euros en Tribunas 2, 45 euros en Tribunas 1 e 59 euros en Tribunas Retráctiles.
Os demais afeccionados ao ambiente obradoirista tamén gozarán dun prezo reducido até esa mesma data: 35 euros en Fondos, 39 euros en Tribunas 2, 49 euros en Tribunas 1 ou 65 euros en Tribunas Retráctiles.
A oferta é válida para os dous tipos de venda anticipada, en oficinas do club de luns a venres de 10.00 a 12.00 e de 17.00 a 20.00 horas ou durante as 24 horas a través da web (www.obradoirocab.com).
Unha vez finalizada a promoción, os prezos serán para todos os afeccionados de 39 euros en Fondos, 45 euros en Tribunas 2, 59 euros en Tribunas 1 e 75 euros en Tribunas Retráctiles.











