O alumnado da gardería de Monforte participou nas actividades do Día Internacional da Muller

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Globos pola igualdade en Monforte

Globos pola igualdade en Monforte

Dentro da programación de actividades do Día Internacional da Muller, as rapazas e os rapaces da Gardería Municipal realizaron este luns un obradoiro.

O obradoiro “Globos pola Igualdade” levouse a cabo na Escola Infantil Municipal este luns día 9 de marzo. Os rapaces e rapazas traballaron conceptos de igualdade a través da técnica da globoflexia.

Unha vez rematado o obradoiro, os pequenos e pequenas achegaron o seu traballo ata as dependencias do CIM, no Centro Cívico e Social do Malecón, e fixeron unha vista ás instalacións.

10 de marzo de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.