Convócase o concurso de venda de solo empresarial en Mos, Ponte Caldelas, Arteixo e Santiago
A empresa pública Xestur aplicará bonificacións do 30 % nas parcelas dos parques empresariais de A Veigadaña (Mos), A Reigosa (Ponte Caldelas), Morás (Arteixo) e A Sionlla (Santiago de Compostela), segundo establece o concurso público de venda convocado hoxe e no que se poderán presentar ofertas ata o próximo seis de abril.
As bonificacións do 30 % aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso convocado no pasado mes de xaneiro, en que neste parques a bonificación aplicada foi do 15 %.
O 30 % de bonificación do novo concurso aplicarase sobre un máximo de 100.000 metros cadrados no conxunto dos catro parques empresariais. Unha vez acadada a venda desa superficie a bonificación volverá a ser do 15 %.
O número de parcelas e superficie total sobre a que se pode aplicar a bonificación do 30 % (co límite indicado dun máximo de 100.000 metros cadrados) é o seguinte:
| A Reigosa (Ponte Caldelas) | 20 | 155.781,19 | 
| A Veigadaña (Mos) | 30 | 168.854,00 | 
| A Sionlla (Santiago de Compostela) | 111 | 470.176,00 | 
| Morás (Arteixo) | 50 | 375.497,00 | 
Na primeira fase do concurso de venda de solo empresarial bonificado de Xestur vendéronse preto de 200.000 metros cadrados de superficie nas catro provincias galegas.
Os adxudicatarios comprométense a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade nun período de tres anos, polo que a adxudicación de solo suporá unha importante achega á economía da zona. Así, cos resultados da primeira fase de venda prevese un investimento de 105 millóns de euros e a creación de 3.500 empregos directos e indirectos.
En total presentáronse ao concurso 68 ofertas por un total de 90 parcelas emprazadas en 20
parques empresariais das catro provincias galegas.
Pola súa parte, o IGVS sacará a concurso bonificado o solo da súa propiedade en abril, sendo preto de 470.000 metros cadrados, con bonificacións de ata o 50 %.


 Enviar a un amigo
 Enviar a un amigo Opinar
 Opinar Imprimir
 Imprimir









