publicidade hoxe

Castrelo de Miño aproba un orzamento en positivo para continuar reactivando a economía local e xenerar emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCastrelo de Miño
A-
A+

O equipo de goberno do BNG presentou hoxe no Pleno da Corporación a liquidación do orzamento 2014 e o Proxecto de Presuposto Xeral e as súas Bases de Execución, para o exercizo económico 2015, cuxo importe ascende a: 1.712.221,50 €

Liquidación do orzamento de 2014

A liquidación do orzamento de 2014 (1.597.249,00 €) presentada polo alcalde nacionalista Xurxo Rodriguez, según os informes de intervención cumpriu co obxectivo de estabilidade orzamentaria, co obxectivo de regra de gasto e co obxectivo de límite de débeda. O resultado presupostario axustado foi de +25.000 euros, e o remanente de tesouraría mellorou en 100.000 euros. Conseguiuse así mesmo no orzamento de 2014 un aforro neto positivo de +80.786 euros, que se suman aos +79.623,50 euros xenerados tamén no ano 2013.

Segundo o alcalde nacionalista Xurxo Rodríguez “cumprimos durante todo o ano 2014 o presupostado no orzamento e así se reflexa nas contas finais, finalizando o ano cun resultado presupostario axustado positivo, cun aforro neto de máis de 80.000 euros e cunha mellora de 100.000 euros no remanente de tesouraria”

Aprobación do orzamento do ano 2015:

Facendo unha comparativa co derradeiro orzamento de gastos municipal aprobado en 2014 que ascendía a 1.597.249,00 €, este ano 2015 no que a maioría dos concellos están presentando orzamentos á baixa debido á situación política e económica negativa, en Castrelo de Miño o equipo de goberno do BNG aprobou un orzamento de 1.712.221,50 € , grazas aos bos resultados da liquidación do ano 2014

Isto é debido ao traballo político e de xestión, de consolidación de ingresos e froito de moitas negociacións, convenios, axudas e subvencións negociadas e presentadas antes distintas administracións, conseguindo financiamento provincial, autonómico, estatal e europeo para os investimentos.

– Por capítulos, o capítulo de persoal contense en 539.869,54. O 31,5% do orzamento total.
– O capítulo de gastos en bens correntes e servizos queda en 594.669 € (34,7%)
– O capítulo de investimentos reais sobe ata o 22,5% do orzamento, cun total de 384.940,96 €.
– Os gastos financieiros supoñen unicamente neste ano 2015 o 0,7 % do orzamento.

Cifras todas estas, moi razoables para unha administración municipal, que continúa invertindo en tempos de crise, que amplía incluso os servizos que vai prestar, pero sin lastrar o seu futuro cuns gastos razoables en persoal e gasto corrente.

INGRESOS:

As grandes empresas que tributan en Castrelo pagarán os tipos máximos que permite a lei, e os veciños os tipos mínimos.

Este equipo de goberno do BNG aposta por prestar uns servizos de calidade a un prezo xusto, para que no rural se poidan disfrutar dos mesmos servizos e coas mesmas calidades que se presta no ámbito urbano, para asentar poboación.

– Aplicanse os tipos máximos para as grandes empresas en

– IBI, BICES, IAE… (Gas natural FENOSA, Empresas de telefonía…)

– Aplicanse tipos mínimos para veciños e veciñas de Castrelo de Miño:

– IVTM: As tarifas vixentes son as mínimas establecidas pola lei.

– IBI URBANA: O tipo vixente é o mínimo establecido pola lei.

– No capitulo 2 de impostos indirectos sería tamén destacable o incremento de ingresos apreciado no ICIO (imposto de construccións, aplícase o tipo mínimo), un imposto que en case todos os concellos está baixando, en Castrelo de Miño está subindo e isto apréciase tamén no incremento de solicitudes e licencias de obras.

GASTOS:

– Contención en gastos correntes e  persoal. 

– Conxelación das indemnizacións a membros da Corporación.

– Aposta polos investimentos intelixentes e os servizos sociais para reactivar a economía local e xenerar emprego

Realizando o recollido no plan de axuste de Castrelo de Miño, destacariase:

Medidas de aforro e contención de gasto, sobre todo nos capítulos de bens correntes e persoal.

As retribucións e indemnizacións dos membros da Corporación rexeranse polo disposto no vixente acordo tomado polo Pleno da Corporación na sesión do 21.06.2011. (Que son as mesmas indemnizacións que xa estaban en 2007) Levan conxeladas desde 2007 e non se incrementan.

Hai un importante crecemento en investimentos sociais para reactivar a economía local e a xeneración de emprego 

Investimentos intelixentes onde a maior aportación sempre é doutra administración distinta á local, multiplicando así os investimentos, con pequenas aportacións de fondos propios locais. Continuamos apostando polo que sempre fixo este equipo de goberno desde 2007. As inversións de gran calado, para realizalas sempre terán que contar cun financiamento maior doutras administracions.

Estes investimentos son froito de moitas negociacións, convenios e subvencións xestionadas polo equipo de goberno ante as distintas administracións estatais, autonómicas e provinciais.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS:

Mantense unha aposta que dá resultados positivos.

Este equipo de goberno continúa apostando polas actividades deportivas e culturais, organizadas polos veciños e asociacións do concello, e considéraas motor de impulso e desenvolvemento cultural, turístico, comercial e económico.

Así destina para as asociacións e clubes do concello: 11.340 euros para organización de eventos culturais, 5.000 euros para promoción cultural, 12.300 para clubes e eventos deportivos, e 1.000 euros de axuda á ANPA do colexio. Tamén se mantén unha axuda de 2.500 destinada á natalidade.

ENFOQUE SOCIAL DOS ORZAMENTOS:

O presuposto de 2015 terá un marcado enfoque social, cunha partida adicada a convenios de colaboración con distintas universidades e fundacións para colaborar na formación de estudantes de Castrelo de Miño, ou o reto que supón para esta administración local a chamada “inversión social”, unha decidida aposta polos servizos sociais comunitarios de base, os servizos de axuda no fogar para dependentes, e non dependentes (non financiados pola Xunta) e a xestión da  Vivenda Comunitaria para maiores e o Centro de servizos sociais.

O alcalde Xurxo Rodriguez indicou no pleno que:

“Ante esta situación política e económica negativa a nivel estatal, autonómica e provincial, sumidas todas estas institucions nunha forte crise política e xudicial e inmersas en multiples casos de corrupción, Castrelo de Miño, un concello honesto con politicos honrados, volta a contar cun orzamento realista e pensado en positivo, onde se sigue mantendo a inversión nestes tempos de crise, e onde destacan este ano tres fortes apostas deste goberno municipal. A primeira delas, a aposta polos servizos sociais aos nosos maiores, tanto no seu fogar como na vivenda comunitaria. A segunda delas é a formación e o emprego. Levando a cabo tres proxectos novidosos e pioneiros en Castrelo de Miño. Un deles é o programa Aurora, destinado ás mulleres do noso concello, outro o programa integrado de emprego Ribeiro do Miño en colaboración cos concellos limítrofes de Toén e Cenlle e que vai favorecer a empregabilidade de 60 veciños dos nosos concellos, e outro a aposta pola FP Dual para a nosa mocidade. E a terceira das apostas é a colaboración intermunicipal cos concellos limítrofes que está permitindo un considerable aumento das inversións municipais.”

A proposta de orzamentos foi aprobada por maioria absoluta dos 5 concelleiros do BNG, con 1 votos e contra do PP (Non asistiu ao Pleno o concelleiro do grupo independente nin o do PSOE)

5 de marzo de 2015 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.