A venda de accións do CD Lugo avanza coa desestimación do recurso presentado
A Mesa Técnica encargada do proceso de adxudicación de accións do CD Lugo, reunida hoxe, adoptou os seguintes acordos:
– Dar conta do ditame solicitado á Asesoría Xurídica da Deputación, que determina, por unha banda, que Frisaqués S.L. está validamente constituída e ten plena capacidade xurídica e de obrar e, por outra, que, do mesmo xeito, o licitador tamén ten plena capacidade de representación de dita empresa. En consecuencia, a Mesa proporá á Xunta de Goberno de mañá a desestimación do recurso presentado ao respecto.
Co obxectivo de manter, tal e como a Deputación vén facendo dende o inicio do proceso, a máxima transparencia e imparcialidade, este procedemento fíxose público no Perfil do Contratante da Deputación o pasado 13 de marzo.











