A Corporación viguesa gardou un minuto de silencio en memoria dos falecidos no accidente aéreo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Minuto de silencio en Vigo

Minuto de silencio en Vigo

Na Praza do Rei gardóuse este mércores un minuto de silencio, por acordo dos tres grupos municipais, en memoria dos falecidos no accidente do voo de Germanwings no que viaxaban 150 persoas. O alcalde decretara onte tres días de loito oficial e anunciou esta mañá o aprazamento da gala de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos 2015, prevista para a tarde deste xoves, que se celebrará despois da Semana Santa.

25 de marzo de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.