publicidade hoxe

O Carballiño mostra o seu potencial tecnolóxico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O Carballiño é o motor económico da bisbarra, sendo este o segundo a nivel de emprego e tecnoloxía de toda a provincia de Ourense, só despois da capital. Estes son os datos que se recollen na última análise realizada polo observatorio económico do 2014 da Deputación de Ourense. Segundo esta mesma análise a bisbarra de Carballiño destaca como a segunda da provincia, só por detrás da de Ourense, en xeración de empregos dentro do sector tecnolóxico, o que supón un impulso positivo no campo laboral, ao ser este sector o de maior futuro, por enriba doutros como os sectores agrícolas ou de servío.

Segundo os datos divulgados, O Carballiño concentra o 14% das afiliacións á Seguridade Social no sector tecnolóxico, moi por diante das dúas bisbarras que o seguen no ranking provincial: Valdeorras, con 5,9% das afiliacións da provincia nas actividades tecnolóxicas, e Allariz-Maceda co 5,1%. A primeira bisbarra en representatividade é a de Ourense, con 56,7% dos 3.482 empregos tecnolóxicos da provincia, segundo os datos do Observatorio Económico da Deputación.

No período de dous anos que vai entre setembro de 2012 e o mesmo mes de 2014, as afiliacións do sector tecnolóxico medraron un 26,5% no Carballiño, onde o maior peso laboral se concentra no grupo formado pola industria química, automoción, fabricación de material e equipamento eléctrico, e fabricación de maquinaria e equipamento.

Por outro lado os resultados xerais do Observatorio Económico destacan que Carballiño se afianza como o segundo motor laboral da provincia, ao ampliar ata 110 afiliacións ao seu diferencial sobre Valdeorras. A finais de 2014 tenia un total de 7.930 traballadores en alta, ao conseguir limitar a baixada interanual ao 0,75% -e ao 0,6% no caso concreto do concello do Carballiño-, cifra que reflicte a estabilización do seu mercado laboral.

Na evolución do paro, en 2014 logrou o importante feito de alcanzar baixadas xeneralizadas en todos os concellos da bisbarra, exclusividade que só aconteceu noutras tres bisbarras ourensanas: Allariz-Maceda, ou Ribeiro e Terra de Celanova. Así, pechou o ano cun descenso do 3,5% no número de parados.

Tanto o alcalde do Carballiño como a edil de Traballo, sinalaron que estes datos están a demostrar que as actuacións levadas a cabo dende o concello sumaron nesta melloría da situación laboral e económica do municipio e, por lóxica, da bisbarra, destacanto tamén que somos conscientes que aínda queda moito pro facer nesta materia aínda que, a vista dos datos, estamos na boa linea, na que pretendemos seguir traballando”.

9 de febreiro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.