XXIII Feira Gastronómica do Chourizo en Vila de Cruces
O 4 de febreiro do 2015 celébrase a XXIII Feira Gastronómica do Chourizo en Vila de Cruces. Dende as 12 da mañá na Praza Juan Carlos I, haberá degustación de chourizos pequenos, filloas do catedrático da filloa e viño do país.
As persoas interesadas en expoñer ou vender produtos da tempada e outros derivados terán que inscribirse chamando aos teléfonos 986582017 ou 636478507.











