Primeira reunión de traballo dos empresarios participantes na plataforma ‘Chaves-Verín Smart Destination’
Ao longo desta mañá, o Servizo de Turismo de Verín promoveu entre os/as empresarios/as da comarca a primeira reunión da plataforma ‘Chaves-Verín Smart Destination’, nacido co obxecto de favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas de innovación nas PEMES do sector turístico e facer de Chaves-Verín un destino turístico intelixente, grazas á prestación de máis e mellores servizos por parte das empresas turísticas a través da utilización de tecnoloxías innovadoras.
Este proxecto deseñado por e para o sector turístico do destino Chaves-Verín, xa que un dos piares deste proxecto é a execución e posta en funcionamento dunha plataforma turística na que é fundamental contar coas necesidades e achegas deste sector. Devandita plataforma, na que se está a traballar, será a carta de presentación deste destino (recursos, empresas, experiencias, atractivos turístico así como o escaparate da reordenación da oferta deste destino). Esta ferramenta porá a disposición do/a visitante
Esta ferramenta poñerá a disposición do/a visitante unha ampla guía de promoción e comercialización que lle permitirá, entre outras moitas cuestións, deseñar a súa experiencia á medida. Ao mesmo tempo como ferramenta de xestión proverá os profesionais privados e públicos de numerosas facilidades como mellorar o seu posicionamento na rede, posibilidade de realizar reservas online ou información sobre como optimizar as súas redes sociais.
Dado que os principais actores do destino son os/as empresarios/as, na plataforma ‘Chaves-Verín Smart Destination facilitaráselles o acceso de xeito gratuíta a unha área específica, unicamente coa súa adhesión ao proxecto. A través da devandita área poderán efectuar xestións como establecer a súa propia oferta ademais de realizar contidos á súa medida (como poden ser estudos sobre o comportamento dos/as seus/súas clientes/as e seguimento en redes sociais da oferta do destino).











