Cerdedo inicia o curso de creación de horta ecolóxica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+
Inicio do curso

Inicio do curso

O Concello de Cerdedo a través do programa Actívate da Diputación Provincial de Pontevedra, celebra o curso de “CREACIÓN DE HORTA ECOLÓXICA”.

Este curso estase a celebrar no Centro Cultural de Cerdedo os martes, mércores e xoves en horario de 16 a 20 horas cunha duración total de 30 horas. O curso finalizará o próximo 3 de febreiro.

Nesta semana, os 15 alumnos asistentes comezaron coas tarefas prácticas no propio invernadoiro cedido polo Concello. Iniciáronse nos traballos de limpeza e fresado do invernadoiro, continuando con traballos para a creación de viveiros para posterior plantación de cebolas, allos, repolo, nabicol, etc…

Unha vez finalizado o curso recibirán o correspondente certificado de asistencia e espérase dende a administración local que algún dos participantes no modo de cooperativa se animen a montar algunha pequena empresa local que se dedique ao cultivo de produtos ecolóxicos para posteriormente comercializalos tanto a restaurantes como cadeas de alimentación.

21 de xaneiro de 2015 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.