Roteiro polo Castro da Subida

Participantes no roteiro
Este domingo tivo lugar o segundo roteiro organizado pola concelleria de cultura ao Castro da Subida e aos petróglifos de Mogor.
A Andaina comezou ás 10:30h e foron 6 kilometros nunha mañá asollada.
A andaina levaba como guías a dous arqueólogos que foron os que fixeron as escavacións no 2011, e que lles deron unha explicacion ás preto de 40 persoas.
Primeiro visitouse o Castro da Subida onde explicaron os costumes dos habitantes e como realizaron as escavacións, contestando a todas as preguntas dos participantes facendo de maneira moi dinámica e didactica. Logo a través dun carreiro baixaron cara a Mogor para visitar os petróglifos parandose especialmente no fantástico labirinto que ten ese xacemento.
Este verán, e dentro da iniciativa do concello de pór en valor os nosos restos arqueolóxicos de gran valor, abrirase o centro de interpretación dos petróglifos con paneis informativos, xogos para nenos para comprender un pouco máis os petróglifos…











