O Concello de Miño iniciará a reparación do reloxio da fachada da Casa Consistorial a vindeira semana
O Concello iniciará a vindeira semana os traballos de reparación do reloxio que se encontra na fachada da Casa Consistorial despois de que este leve parado un tempo, pois tras a remodelación do edificio municipal o seu funcionamento foi sempre incorrecto.
Os traballos consisten nunha reparación e mellora seria, cunha alta calidade, de xeito que se garanta a conservación do reloxio-carrillón e que o seu bo funcionamento perdure ao longo do tempo.
Tras ser revisado uns días atrás, o reloxio-carrillón, a peza mais importante do sistema, necesita unha reparación xeral para garantir o correcto funcionamento da parte de soneria; ademais será necesario o suministro dunhas nova baterias de respaldo para que a esfera exterior manteña o seu funcionamento en caso de cortes de enerxia. Tamén serán reparados os dous amplificadores para a emisión de son cara o exterior. Por último, tamén se levarán a cabo os traballos de reparación dos altofalantes exponenciais e se colocarán novamente sobre a torre existente no tellado e se reparará en profundidade a parte de movemento da esfera exterior e se colocará unha nova minuteria eléctrica de impulsos e un novo cristal de vidro templado ao encontrarse roto o existente, mellorando tamén o alumeado nocturno colocando un interruptor crepuscular (fotocédula) para o control do encendido-apagado automático da iluminación.
O alcalde de Miño, Jesús Veiga, sinala que o reloxio-carrillón repararase para que, o antes posible, volva a funcionar a soneria do reloxio e a música que ambienta as rúas nesta época de Nadal.











