Gala solidaria en Vila de Cruces
O 20 de Decembro de 2014 celébrase unha Gala Solidaria organizada pola Asociación Cultural Punteirolo.
A gala será no Auditorio Municipal “Xosé Casal” de Vila de Cruces e comezará ás 19:30 horas e contará coa actuación de Grupo de Baile Punteirolo, O Ghusto do Boi, Marketta, Sons da Mina, Alba, Scenne Ballet, Grupo Doa e Voces da Terra.
As persoas que desexen asistir deberán levar un producto non perecedeiro.











