Aleixandre Lago Barcala faise co XV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores
Aleixandre Lago Barcala veciño de Culleredo foi o gañador do XV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O traballo presentado polo gañador que obterá un premio de 1500 €, praca e diploma, ten por título “Poesías”
O segundo premio, dotado con 600 €, praca e diploma, recaeu na obra titulada “A luz agochada entre as sombras” da que é autora, Iris Carro González de Rianxo.
Alba Sánchez Ares, acadou o 3º premio, dotado con 300 €, praca e diploma, coa obra “Pingas de bágoz”. Alba Sánchez é de Santiago de Compostela
A entrega do Premio terá lugar o vindeiro domingo, 21de decembro a partir das 12.15 horas da mañá segundo o seguinte programa:
12.15 horas; Recepción oficial na Casa do Concello.
12.30 horas; Entrega de Premios no Salón de Plenos do Concello.











