Nace Mediolanum@proxima, o proxecto solidario de Banco Mediolanum que apoia á ONG
A actual conxuntura económica tivo un impacto directo na economía española, aumentando a vulnerabilidade e a desigualdade social. Por este motivo, Banco Mediolanum presentou esta mañá en Vigo o proxecto Mediolanum@<sent\>proxima, unha iniciativa que pretende a nivel nacional apoiar ás Organizacións Non Gobernamentais (ONG), a través da implicación directa dos aforradores en proxectos solidarios a nivel local.
Este proxecto de Banco Mediolanum achegará aos seus máis de 92.00 clientes (8.000 en Galicia) a aquela ONG que traballan nos seus barrios, nas súas cidades ou nos seus municipios. Os 700 Consultores de Banca Persoal da entidade (67 en Galicia) actúan como nexo de unión entre os aforradores e a ONG locais. Ademais, son os encargados de presentar os proxectos solidarios aos clientes, así como as diferentes posibilidades de colaboración coas distintas organizacións.Con esta iniciativa, Banco Mediolanum quere dar a coñecer o traballo de entidades sen ánimo de lucro que desenvolven accións e servizos de interese xeral, favorecendo a cohesión social e loitando contra a pobreza e a discriminación.
Na actualidade Mediolanum@<sent\>proxima xa traballa en proxectos con 19 organizacións en Galicia, Cataluña, Andalucía e Madrid e, proximamente, porase en marcha no País Vasco e a Comunidade Valenciana. As asociacións incluídas en Mediolanum@<sent\>aproxima en Galicia son Fundación Down Vigo, Fundación Banco de Alimentos, Fundación Juan Soñador, Fundación O Bo Pastor e Fundación Integra, que desenvolven a súa actividade en Vigo. Os clientes interesados en colaborar con estas entidades poderano facer mediante achegas económicas, doazóns materiais ou dedicando horas do seu tempo para traballar con eles.
Na rolda de prensa de presentación, Vittorio Colussi, conselleiro delegado de Banco Mediolanum, asegurou que Mediolanum@<sent\>proxima é un proxecto no que “depositamos a nosa ilusión e que reflicte a nosa vontade de axudar aos españois que agora teñen dificultades. Para ratificar o noso compromiso, o banco involucrou a todos os seus Consultores de Banca Persoal, que son a pedra angular da entidade, para que informen aos seus clientes da posibilidade de colaborar altruistamente coas persoas da súa contorna máis próxima e lles comuniquen todas as actividades que levan a cabo as ONG locais”.
Pola súa banda, Fernando Molina, presidente de Down Vigo, a primeira Asociación que se sumou ao proxecto, afirma que “a nosa realidade chegaba só ás familias involucradas. Agora, con Mediolanum@<sent\>proxima o noso traballo e as nosas necesidades chegan a un gran número de xente e, sobre todo, axuda a que as persoas poidan colaborar de diferentes formas”. Colussi, así mesmo, ratifica que “con este proxecto construímos unha ponte entre os nosos clientes e as ONG locais”.
Banco Mediolanum reforzará, ademais, a difusión das actividades e necesidades da ONG que participan neste proxecto a través do Blog Mediolanum@<sent\>proxima (http://mediolanumaproxima.org), reunións cos clientes, e-mailings e actividades de mercadotecnia local. O obxectivo da entidade, a través deste proxecto, é visibilizar o traballo das organizacións e polas en contacto con máis de 90.000 potenciais colaboradores.
BANCO MEDIOLANUM
Banco Mediolanum (www.bancomediolanum.es) é a entidade española do Grupo Mediolanum, grupo bancario europeo que está presente, ademais de en España, en Italia e Alemaña, países onde desenvolve a súa actividade de asesoramento financeiro persoal e servizos financeiros a través da súa rede de Consultores de Banca Persoal.
O Grupo Mediolanum conta en Europa con máis de 1.158.000 clientes asesorados por unha rede de máis de 5.150 Consultores de Banca Persoal e cuns recursos totais de clientes de 61.284 millóns de euros.











