Deteñen a tres xóvenes como supostos autores dun roubo con intimidación nunha gasolineira de Cerdedo
A Garda Civil detivo a R.J.M., de 26 anos de idade, a J.R.G., de 23, ambos veciños de Lalín e a MI.V.G., de 25 e con domicilio en Agolada, como supostos autores dun delito de roubo con intimidación nunha gasolineira de Cerdedo.
Os feitos sucederon na noite do día 3 de xaneiro de 2013, cando a empregada se dispuña a pechar dita estación de servizo, foi abordada por detrás por un individuo encapuchado, ameazándoa cun coitelo de grandes dimensións e esixíndolle o diñeiro da recadación, o cal, unha vez obtido o botín, fuxiu a pé correndo pola estrada.
As investigacións que, compoñentes do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín, viñan realizando, deron como resultado a detención de R.J.M., o pasado día e no día de onte a dos outros dous.
Os tres foron conducidos ás dependencias oficiais para tomarlles manifestación e a instrución das correspondentes dilixencias que, en unión dos detidos, aos que lles constan antecedentes policiais, foron entregadas no Xulgado de Instrución número UN da Estrada, quedando en liberdade con cargos.
As investigacións continúan abertas polo que non se descartan máis detencións.











