Actividades en Xove no Día contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove, a través da Concellería de Igualdade,   organizou unha serie de actos reivindicativos para conmeorar o do Día Contra a Violencia de Xénero:

-Na Escola Infantil: está exporsto o MURAL “DÍA DA INFANCIA E DA NON VIOLENCIA”, no que os pais e nais colaboraron activamente axudando ás súas crianzas a decorar os pitiños e pitiñas do mural.

-Na OMIX: durante o día de hoxe estase a facer entrega aos rapaces e rapazas dun VIOLENTÓMETRO MARCA PÁXINAS E DA ENQUISA “O SEMÁFORO DA VIOLENCIA”, para detectar posibles condutas machistas ou situacións de violencia de xénero.

-Na fachada principal da Casa do Concello está colgado un LAZO MORADO REIVINDICATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, para sensibiliar aos nosos veciños e veciñas sobre a importancia de erradicar esta lacra social.

25 de novembro de 2014 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.