Mellora do firme das estradas da Ganduma e Boimir

Visita do alcalde ás obras de mellora
Aproveitando as condicións meteorolóxicas favorables para o desenvolvemento deste tipo de traballos, o Concello da Laracha está a realizar diferentes obras dirixidas a mellorar a rede viaria municipal.
Nestes momentos estase actuando paralelamente na renovación do firme da estrada que discorre polo núcleo de A Ganduma (parroquia de Lestón) e tamén na vía do lugar de Boimir (Soandres).
O alcalde, José Manuel López Varela, e o edil responsable da área de obras, Jesús Souto, coñeceron in situ o resultado das actuacións, desprazándose ata os lugares obxecto das actuacións xunto ao director de obra.
A continuación está previsto que nos próximos días tamén se acometan as obras de similares características que están proxectadas en Nogán (Cabovilaño) e A Fontaíña e A Fraga (Lemaio).
Os traballos afectarán, por tanto, a cinco estradas rurais, mellorándose a súa capa de rodadura e facilitando os accesos cara diferentes núcleos de poboación das parroquias.











