A enfermeira non tivo contacto con parentes ou amigos de Galicia tras infectarse nin abandonou Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+

A enfermeira contaxiada por ébola non viaxou a Galicia dende que contraeu o virus, nin tampouco amigos ou familiares da Comunidade galega se desprazaron a Madrid nin tiveron contacto con ela, segundo trasladou este martes o Ministerio de Sanidade á Xunta.

   Diso informou o subdirector de Información sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, quen estivo presente na reunión por videoconferencia que mantivo a Consellería de Sanidade co Ministerio de Sanidade durante máis de dúas horas esta tarde, na que se indicou que a enfermeira e o seu marido “non saíron” da Comunidade de Madrid durante as vacacións que a muller comezou a finais de setembro.

   De tal modo, nesta xunta –na que estiveron, entre outros, membros da Dirección Xeral de Saúde Pública, do Centro de Control de Alertas e da Consellaría de Sanidade de Madrid– fíxose constar que Galicia “non ten maior risco que o que tiña antes” no tocante ao ébola.

   Así, non existe “ningún protocolo especial” a seguir en Galicia que poida afectar a ningún amigo ou familiar da afectada, xa que na Comunidade non existe un risco maior que poida existir en calquera outra, e as persoas que se atopan controlados son, ademais do seu marido, principalmente profesionais e sanitarias.

8 de outubro de 2014 | 00:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.