O Concello de Cedeira investirá 100.000 euros en obras de mellora de pistas en tres parroquias
O alcalde, Luis Rubido, anunciou esta mañá que o Concello investirá máis de 94.000 euros na mellora de pistas fundamentalmente na zona rural. As actuacións previstas sufragaránse con fondos propios municipais e levaránse a cabo nas parroquias de Esteiro e Montoxo e no casco urbano de Cedeira. Neste senso, o concelleiro de Obras, Alfredo Vilela, sinalou que as tres intervencións foron adxudicadas a pasada semana, polo que prevé que os traballos arranquen antes do mes de outubro. Nos tres casos, as tarefas consistirán en limpeza das cunetas e máis aplicación de dobre capa de rego asfáltico. Os prazos de execución oscilan entre os dous e os tres meses, co que estarán rematadas antes de concluir o ano.
En concreto, Vilela apunta que a mellora dos viais, de titularidade municipais, realizaránse na parroquia de Montoxo (entre Fraguela e Ervellás), en Esteiro (entre Sisalde e O Toco) e en Cedeira (entre a travesía do Beco e o Camiño Real –o entorno do polideportivo e do instituto de educación secundaria). En todos os casos, trátase de viais de comunicación estratéxicos, con núcleos de poboación colindantes. Doutra banda, o Concello informou esta mañá do cambio de data da I Exaltación do Percebe de Cedeira –XVIII Festa do Percebe-. Así, pásase da fin de semana do 20 de setembro á do 10 de outubro. A Administración explica que, por cuestións organizativas e co ánimo de consensuar coa Confraría e o colectivo de percebeiros os detalles do evento, optou por eses días, tendo maior marxe de manobra. En todo caso, o programa manténse segundo o previsto.
Así, máis aló da degustación do producto gastronómico por excelencia da vila, o Concello proporá ao público toda unha serie de actividades paralelas. Entre elas, haberá sitio para unha homenaxe aos percebeiros locais a través da proxección de audiovisuais sobre a súa vida e traballo. Ademáis, celebraránse obradoiros mariñeiros dirixidos ao público infantil e sesións de showcooking –demostracións en directo a cargo de chefs galegos que cociñarán diferentes recetas co percebe como ingrediente principal-. Os asistentes poderán participar tamén en cursos rápidos de cociña de mercado e, os máis pequenos, en obradoiros de cociña infantil. Así mesmo, a música tradicional terá tamén un papel destacado. E, paralelamente, instalaráse un mercadillo e unha taberna galega. O obxectivo: promocionar o mellor percebe do mundo, o de Cedeira, a través dunha festa e ofrecer unha nova razón, neste caso gastronómica, para achegarse á vila e disfru-tar dos seus encantos.











