A Deputación de Pontevedra destina preto de 2 millóns de euros a obras en varios concellos da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe 2 millóns de euros para diversas obras en distintos concellos.

Adxudicou obras do Plan de obras y servicios (POSP)  por valor de 1,412.133 millóns de euros nos seguintes concellos:

Caldas de Reis: 74.633 € para pavimentación de camiños en Bemil, Sequeiros, Outeiro, Cesar, Arcos de Marán e de Ceboleira, San Martiño, Barreiros, Mariñoleira, Feitoso, Carracedo, Baltar e Pazo, a Construcciones Arosa. Prazo de execución, 2 meses. Limpeza de cunetas, mellora da capa de rodadura, novo pavimento.

Lalín: 186.000 € para melloras de capa de rodadura en Lalín de Arriba, Sante e Horta (Sello) a Rafer. Prazo de execución, 2 meses

Vilagarcía de Arousa: 63.605 € para parque infantil na Xunqueira a HPC Ibérica. Prazo de execución, 2 meses. Renovación dun espazo singular para a infancia. Retirada de estruturas orixinais, instalación de novo parque infantil, nova pavimentación de caucho. O parque tén un área delimitada de forma trapezoidal de 300 metros cadrados.

Poio: 75.245 € para pavimentación e dotación de servizos no Camiño de Tarrío, en Samieira, a Narom. Está nunha zona de alto valor patrimonial. Nova pavimentación, mellora do firme e dotación de servizos de recollida de augas pluviais. Prazo de execución, 3 meses.

Catoira: 79.609 € para acondicionar o salón de actos da nova casa consistorial, a Copcisa. Mobiliario, de coración e outros elementos do salón de actos do novo consistorio.

Gondomar: 269.995 € para urbanización, ampliación de aparcadoiro e beirarrúas na rúa Diego Sarmiento de Acuña, a Petrolam A Veiga SL. A actuación irá dende a rotonda de acceso ao CDL ata o aparcadoiro de As Cercas.

Nigrán: 218.456 € para peatonalización parcial da rúa Castelao, a Manuel Pérez Portela SL. Creación dun espazo público no entorno da casa consistorial. A actuación terá lugar entre a rúa Castelao e a estrada xeral N-550. O tramo será peatonalizado e instalaráse un parque infantil.

Baiona: 123.538 € para acondicionar o Camiño de Caeiro, en Baiona, a Narom SL. Prazo de execución de 3 meses.

Tomiño: 221.048 € para instalar unha rede de saneamento no barrio de Bravos, en Estás. Adxudicado a  Petrolan A Veiga SL. A rede evacuará os residuais cara ao ponto de vertido. Dará servizo a 32 vivendas. Prazo de execución de 4 meses.

Concedeu 591.039 euros para obras do Plan urgente de mantenimiento de servicios e infraestructuras municipales (PUSIM) nos seguintes concellos:

O Porriño: 125.368 € para construir unha bancada de público no campo de fútbol do C.F. Atios

Redondela: 154.076 € para a urbanización da Rúa dos Eidos.

Mos: 70.986 € para mellora da pavimentación da estrada Alcalde González Ballesta, Cela.

Mos: 62.589 € para mellora na rede de saneamento municipal no Camiño do Pazo (Guizán).

Lalín: 178.020 € para aglomerado na rúa F, Pintor Laxeiro e rúa Molinera.

12 de setembro de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.