O luns ábrese o prazo de inscrición nun obradoiro de coaching para xóvenes mosenses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosXuventude
A-
A+

A concellería de Educación e Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Kely Monzón organiza un taller de intelixencia emocional e coaching para os mozos e mozas do municipio. Respecto deste obradoiro, Monzón, concelleira responsable do mesmo, declara que “na etapa da adolescencia, os/as mozos/as queren chegar a ser algo e non saben como, ademais enfróntanse a cambios naturais na súa dimensión biolóxica, psicolóxica e social, creándolles unha gran inseguridade e ansiedade. Durante todo o proceso de crecemento e desenvolvemento persoal deben adquirir certas competencias e habilidades que os/as axudarán no camiño para definir a súa propia identidade que os guíe en pos dun desenvolvemento persoal exitoso. O Coach non aconsella ó estudante, nin lle fai mirar o seu punto de vista. A súa función é acompañalo no seu proceso de aprendizaxe e aceptarse a cada un como é. Deste modo, o alumno ou alumna pode sacar o mellor de sí mesmo/a para o seu desenvolvemento persoal e mellorar o seu rendemento”, explicou a edil, quen tamén salientou que “a decisión da proposta desta actividade realizouse tras efectuar un exhaustivo análise de necesidades da poboación xeral, entre as cales detectamos, un baixo grao de motivación fronte a actividade do estudo, aspecto preocupantese temos en conta que este é un dos factores máis importantes na vida académica dos rapaces/zas, xa que supón o paso previo ao aprendizaxe e é o motor do mesmo”.

O coaching está baseado nunha metodoloxía eminentemente práctica para que os mozos e mozas poidan desenvolver as súas potencialidades e persegue os obxectivos de favorecer o desenvolvemento de actividades que proporcionen unha formación integral ao alumnado, detectar casos de pobre desempeño na área emocional, coñecer cales son as emocións e recoñecelas nos demais, modular e xestionar a emocionalidade, desenvolver a tolerancia ás frustracións diarias, previr  o consumo de drogas e outras condutas de risco, promover unha actitude positiva ante a vida, previr conflitos interpersoais, mellorar a calidade de vida escolar, etc.

As persoas beneficiarias desta formación serán todo o alumnado que esté cursando 1º, 2º, 3º, 4º da ESO ou PCPI durante o  curso 2014-2015, e que estea preferentemente empadroado/a no Concello de Mos ou escolarizado nalgún dos seus centros educativos. O mínimo de participantes para poder desenvolver a actividade será de 10 e o máximo será de 15.

Para participar nesta actividade as persoas interesadas deberán inscribirse no Rexistro do Concello, facéndoo de maneira presencial para asinar a solicitude, sendo imprescindible o cumprimento dos requisitos.

O prazo de inscrición será dende o 1 ó 19 de setembro, para elo será imprescindible presentar unha copia da solicitude asinada e o certificado de escolarización. O listado de asistentes constituirase por rigorosa orde de entrada da solicitude no Rexistro do Concello.

Unha vez entregada a documentación pertinente, farase a comprobación de que se cumpren os requisitos. O día 22 de setembro farase pública a lista de admitidos.

Metodoloxía de traballo

Ao longo do obradoiro traballarase mediante dinámicas grupais, exercicios aplicativos individuais e grupais, e análise de casos e debates; abordando contidos coma o autocoñecemento, a asertividade, pensamento positivo, resolución de conflitos, escoita activa, habilidades sociais, comunicación e autonomía.

As sesións serán impartidas por un Coach profesional acreditado por I.C.F. (International Coach Federation), garantindo a máxima calidade e profesionalidade no servizo.

Esta actividade realizarase en sesións semanais, os martes (30 de setembro, e 7 e 14 de outubro) de 16:30 horas a 19:30 horas, durante os meses de setembro e outubro do 2014. Terá unha duración total de 9 horas.

27 de agosto de 2014 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.