Mostra fotográfica da praza de abastos da Guarda e os seus produtos

Mostra fotográfica
O Concello da Guarda, dentro da Campaña de dinamización da praza de abastos expón, dende hoxe un de agosto e durante o que resta de tempada estival, unha mostra fotográfica sobre a praza e os seus produtos.
A intención que se busca con esta iniciativa, é facer da praza un espazo dinámico e aberto a distintas accións culturais e tamén acompañar aos visitantes do mercado municipal facendo a súa visita un pouco diferente.
As fotografías foron realizadas por Silvia Pérez Arosa licenciada en Ciencias da Información, traballadora municipal ata xuño de 2014, como parte do traballo que integra a programación planificada para a praza de abastos.











