A calidade dos produtos dos mercados de abastos chega aos máis cativos de Padrón da man de Peque Chef

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPadrón
A-
A+
Participantes no obradoiro Peque Chef en Padrón

Participantes no obradoiro Peque Chef en Padrón

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, entregou este mediodía na praza de abastos de Padrón os diplomas aos rapaces que participaron na localidade nos obradoiros de cociña Peque-Chef, desenvolvidos pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal) co apoio da Consellería de Economía e Industria. Vázquez Abeal destacou que a iniciativa Peque-Chef supón un paso moi importante na tarefa de achegar a actividade das prazas e mercados aos mais novos, contribuíndo a consolidar as prazas de abastos como líderes na venda do produto fresco e de calidade.

No que levamos de ano, máis de 250 nenos e nenas levan participado nos obradoiros Peque-Chef, que neste mes de agosto se celebraron por primeira vez en Padrón. Esta actividade, que se realiza cada mes nunha das prazas de abastos que forman parte de Fepragal, está dirixida a nenos e nenas a partir dos cinco anos, cun mestre cociñeiro co que aprenden a elaborar pratos cos produtos da praza. Ademais, móstralles hábitos saudables na alimentación, ao tempo que se os informa das propiedades beneficiosas que conteñen os alimentos incluídos na súa dieta cotiá.

No acto, a directora xeral de Comercio entregou aos rapaces participantes o libro-guía para previr a obesidade infantil Os bolechas educan a Pepiño Chispa, editado dentro do plan Xermola da Xunta de Galicia.

Por outra banda, Sol Vázquez Abeal, que destacou a intensa labor que desenvolven Fepragal e as asociacións que a integran na mellora competitiva dos mercados, coa posta en marcha de diferentes iniciativas conxuntas ao longo de todo o ano.

Neste sentido, Vázquez Abeal, tamén lembrou que o apoio ao asociacionismo comercial é un dos eixos da estratexia específica da Xunta para mellorar a competitividade do comercio de proximidade, consolidar as prazas de abastos como líderes na venda de produtos frescos e de calidade e impulsar a mellora competitiva do comercio de proximidade como elemento dinamizador das vilas e cidades galegas. Nas diferentes convocatorias de apoio ao asociacionismo comercial activadas este ano pola Consellería de Economía e Industria Fepragal e diferentes asociacións integradas na mesma obtiveron apoios por preto de 130.000 euros.

8 de agosto de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.