O Acanor Atlético Novás presenta a súa nova fichaxe, Arkaitz Vargas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+
Presentación da nova fichaxe

Presentación da nova fichaxe

Na tarde noite de luns era presentado Arkaitz Vargas como primeira fichaxe desta nova etapa do Atlético Novás. No acto estaban presentes Moncho Vicente, xerente de Grupo Acanor, Andrés Senra, Daniel Martínez e Roberto Fernández como representación do club e o propio xogador vasco.

Está chamado a ser o novo ‘xefe’ da defensa pero tamén “en tarefas ofensivas, onde Modesto espera sacarlle rendemento”, sinalaba Andrés Senra. O lateral comentaba “que estou encantado de chegar aquí, xa coñecía o club, varios compañeiros e o proxecto presentado por Modesto convenceume. Tiña ganas de recuperar a ilusión por este deporte e este paréceme un bo sitio”.

O natural de Irún, de 37 anos, ten unha ampla experiencia en ASOBAL, pasou por Bidasoa, Barakaldo, Teka Cantabria, Portland San Antonio, Arrate, Teucro e Academia Octavio, sendo unha peza crave sempre na engrenaxe defensiva, pero achegando goles sobre todo nos seus primeiros anos, superando o centenar de tantos. Modesto Augusto, que lle coñece á perfección, está encantado coa súa incorporación e cre que vai achegar experiencia e calidade ao equipo.

Antes de pechar o acto, tamén se recalcou “que é a primeira fichaxe, pero que o persoal aínda non está pechada, xa que se espera que o equipo culmine o traballo iniciado anos atrás”. 

Tamén se agradeceu o esforzo e a confianza posta polo ex do Octavio.

Para selar o acordo, Arkaitz Vargas e Roberto Fernández asinaron o contrato que une ao Acanor Novás e ao xogador por unha tempada.

O segundo equipo volverá xogar en Primeira Autonómica

O filial, que volverá estar adestrado por terceiro ano consecutivo por Manolo Armán, recibía onte a invitación por parte da Federación Galega para xogar na categoría que perderan meses atrás. Sen practicamente pensarselo, a directiva aceptaba a proposta xa que considera que é unha categoría interesante na formación de xogadores.

29 de xullo de 2014 | 12:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.