Os 200 participantes nas escolas deportivas municipais de Frades participan nunha gran festa de clausura

Participantes nas escolas deportivas de Frades
O Concello de Frades celebrou o pasado domingo o “Día do Deporte”, que incluíu unha gran festa na que participaron os 200 rapaces e rapazas que tomaron parte das escolas deportivas municipais e outros tantos veciños e veciñas, que disfrutaron tanto das distintas exhibicións deportivas como dos xogos e inchables colocados polo Concello de Frades. O alcalde de Frades, Roberto Rey, fixo entrega de camisetas conmemorativas a todos os nenos e nenas participantes nas escolas deportivas municipais, que este ano superaron os douscentos.
A festa tivo lugar a cabalo entre o pavillón polideportivo municipal, onde tiveron lugar as exhibicións deportivas, e o patio do CPI Ponte Carreira, onde estaban instalados os xogos e os inchables. Entre as 10:30 e as 14:30 horas do domingo, todos os presentes puideron disfrutar de inchables, touro mecánico, música, xogos e actividades deportivas (fútbol-sala, mini-básket e tenis de mesa). A iso das 13:00 horas tivo lugar unha exhibición das escolas de patinaxe e de zumba.











