O EDC Verín Atletismo acada seis novas vitorias na segunda proba de “Correndo por Ourense”
Novo éxito deportivo para o Club de Atletismo de Verín. Na segunda carreira do circuíto “Correndo por Ourense”, que se disputou no barrio ourensán de O Couto, a delegación verinense acadou o primeiro posto clasificatorio en seis das probas nas que participaron estes/as menores.
Formaron parte desta competición un total de 29 atletas do EDC Verín Atletismo, que tras os excelentes resultados acadados, encabezan varias clasificacións provisionais do Circuíto de Carreiras. A próxima proba será o domingo 29 de xuño, na que se agarda repetir uns éxitos que xa son recoñecidos a nivel provincial. A clasificación dos/as atletas verinenses no segundo circuíto “Correndo por Ourense” foi a seguinte:
1. Categoría Pitufos (100 metros):
– Jara Martínez: 1ª
– Celia Feijoo: 2ª
– Marina Moredo: 21ª
– Valeria González: 34ª.
– Asier Salgado: 17º
2. Categoría Benxamín (1.200 metros):
– Xoel Gago: 1º
– Alejandro García: 3º
– Kiara Salgado: 4ª.
– Álex Martínez: 25º.
3. Categoría Alevín (1.200 metros):
– Anxo Losada: 1º
– Adriana García: 1ª.
– Antía Castro: 2ª.
– Sara Moredo: 4ª.
– Gisela Dapía: 6ª.
– Naiara Parada: 7ª.
– Nuria Mariño: 9ª.
– Sofía Rodríguez: 10ª.
– Uxía Criez: 20ª.
– Erea López: 21ª.
– Vanesa Justo: 22ª.
4. Categoría Infantil (2.400 metros):
– Fiz Losada: 1º.
– Guillermo Feijoo: 5º.
– Miriam Cerdeiriña: 1ª.
– Olalla Bandin: 4ª.
– Sofía Morillo: 5ª.
5. Categoría Cadete (2.400 metros):
– Xoel González: 8º.
– Ana Fornos: 4ª.
– Iria Castro: 5ª.
– Ana Gabriela Moreira: 7ª.
Competicións fútbol das EDC Verín
Por outra banda, este pasado fin de semana tamén se disputaron os seguintes partidos dos equipos de EDC Verín de fútbol e fútbol-sala, cuxos resultados foron os seguintes:
Fase de ascenso á Liga Galega
UD Santa Mariña 1 – 1 EDC Verín Cadetes (o partido de volta será o 08 de xuño no Complexo deportivo de A Granxa ás 12 horas)
Figueirido FC 0 – 2 EDC Verín Infantil (o partido de volta será o 07 de xuño no Complexo deportivo de A Granxa ás 12 horas)
Campionato Galego
O Grove 1 – 3 EDC Verín Alevín (o partido de volta será o 07 de xuño no Complexo deportivo de A Granxa ás 11 horas)
Rapido de Bouzas de Vigo 3 – 4 EDC Verín Benxamín A (o partido de volta será o 07 de xuño no Complexo deportivo de A Granxa ás 17 horas)
EDC Verín Prebenxamín 3 – 2 Portero 2000 (o partido de volta será o 08 de xuño en Pontevedra ás 12 horas)
Copa Galicia Fútbol-Sala
EDC Verín Cadetes 5 – 3 Azkar Lugo
Copa Deputación Fútbol-Sala Feminino
EDC Verín FSF 1 – 1 Carballiño FS











