O departamento de Xuventude de Cangas celebra unha xuntanza informativa coas familias participantes nos campamento de día

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasXuventude
A-
A+

A Concellería de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado celebrou unha reunión cos pais se nais dos nenos e nenas participantes nos campamentos de día postos en marcha polo goberno local de cara a temporada estival. A xuntanza, que tivo lugar na Casa da Xuventude permitiu resolver as posibles dúbidas ás familias. Na reunión estivo presente o concelleiro de Cultura, Educación, Patrimonio, Xuventude e Voluntariado José L. Gestido, que destacou que “o obxectivo destes campamentos e de ofrecer alternativas de ocio de calidade as familias de Cangas que facilitan a conciliación laboral e familiar nas vacacións de verán”. Pola súa banda os técnicos de Xuventude así como os monitores explicaron a dinámica de traballo así como as diferentes actividades das que gozarán os cativos nas instalacións do IES de Rodeira e na praia para as actividades náuticas.

Os campamentos de día impulsados polo Concello de Cangas comezarán o vindeiro luns 30 de xuño en horario de 10.00 a 13.30 horas e van dirixidos en dúas quendas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos. Como novidade este ano realizaranse deportes náuticos.

25 de xuño de 2014 | 20:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.