A Federación Galega de Ciclismo dá a coñecer os deportistas que participarán en Ponferrada
A Federación Galega de Ciclismo fai pública a relación de ciclistas que disputarán os Campionatos de España de Fondo e CRI para a categoría Sub 23 os días 27 e 28 de xuño na localidade de Ponferrada. A carreira constará de oito voltas a un circuíto até completar un total de 146 km. A lista de convocados esta composta por 12 corredores: Daniel López e David Seage da Caixa Rural, Martín Lestido (Mutua de Levante- Delikia), Roberto Mediero, Antonio Portela, Óscar González e Samuel Branco de Froiz , David Pérez, Alejandro Santos e Jacobo Ucha do C.C. Rias Baixas, Angel Sánchez (Aluminios Cortizo) e Javier Garía (Cafés Baqué).A Contrareloj individual disputarana Mediero, Portela e Óscar González sobre un percorrido de 29,46 Km.











