O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, cualificou hoxe de “barbarie” o “cruel asasinato” da titular da Deputación de León, Isabel Carrasco, á que coñecía persoalmente e de quen destaca a súa “capacidade de traballo e a súa entrega e compromiso cos concellos da provincia”.”Teño un moi grato recordo de Isabel Carrasco, con quen compartín moitas horas de traballo tanto en relación a asuntos de interese da Administración local como no ámbito do partido ó que ambos os dous pertencemos”, afirma.
Para Louzán “resulta difícil de asimilar e comprender que se poida chegar a unha crueldade de tal magnitude”, cun asasinato en plena rúa que causa “estupor e consternación”.
“Desde Pontevedra quero transmitir o meu máis sincero pésame e toda a miña solidariedade ós seus familiares e amigos, que están a pasar por un transo sumamente difícil”, afirma.
O titular da Deputación de Pontevedra subliñou que “non se pode tolerar que estas cousas sucedan” e amosou a súa confianza en que se “esclarezan pronto os feitos”.
A fertilización é a reposición dos nutrintes que as plantas extraen do solo, e que nos colectamos en forma de froitas, follas, plantas, etc. Con elo en moitas ocasións reducimos a posibilidade de que volten eses nutrintes ó solo, polo que sin o enriquecimento posterior, iriase empobrecendo rápidamente...