Adxudícase por 471.000 euros o acondicionamento de Liñares para acoller o centro de xestión do coñecemento arqueolóxico da cultura castrexa
Crespo voltou a cualificar este centro “como pioneiro en Galicia” e afondou en que permitirá o estudio, datación, catalogación e exposición dos achádegos que se fagan no Deza, en Pontevedra e en Galicia relacionados co mundo castrexo. O laboratorio que vén de contratar o organismo provincial ubicarase na zona sur do edificio, a zona máis antiga datada arredor do século XVII, e contará con varias salas -investigación e procesado, divulgación e exposición e nultimedia-. Este centro, unha vez se poña en marcha, converterase nun apéndice do prestixioso Museo de Pontevedra, encargándose do proceso de catalogación e estudo dos numerosos restros castrexos cos que consta esta institución.
O alcalde de Lalín e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, José Crespo, anunciou hoxe nunha visita ao Pazo de Liñares onde estivo acompañado polos concelleiros Román Rodríguez, José Antonio Rodríguez e María Álvarez que a Xunta de goberno do organismo provincial vén de aprobar a adxudicación das obras de acondicionamento das dependencias do Pazo de Liñares para acoller o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico da Cultura Castrexa” por un montante total de 471.000 euros. Un proxecto que se porá en marcha grazas á financiación do programa Depodeza cofinanciado con fondos FEDER da Unión Europea e do organismo provincial.
Crespo voltou a cualificar este centro “como pioneiro en Galicia” e afondou en que permitirá o estudio, datación, catalogación e exposición dos achádegos que se fagan en excavacións realixada en Pontevedra e tamén en Galicia relacionados co mundo castrexo, e “converterá a Lalín en referente do estudo dos castros ao tempo que xa é o concello galego con maior número destas construccións catalogadas, un total de 31 as que se suman as da totalidade da comarca de Deza que ascenden a 107”.
O laboratorio que vén de adxudicar o organismo provincial ubicarase na zona sur do edificio, a zona máis antigua datada arredor do século XVII, e contará con varias salas -investigación e procesado, divulgación e exposición e multimedia-.
Os 786 metros cadrados que ocupará o CXCA repártense en 4 áreas cun total de 11 estancias repartidas entre a zona sur da planta baixa, a entreplanta e o edificio anexo.
A área de Investigación ocupará un total de 5 estancias. Dous despachos na entreplanta para arqueólogos e investigadores que a través da pasarela metálica se comunica ca planta baixa onde se sitúa a recepción do CXCA para visitantes e para os materiais que vaian chegando ao centro. Ademais, nesta área de investigación contemplase unha sala de fotografía e debuxo de 23 metros cadrados e unha sala de investigación (comunicada ca zona de arriba por unas escaleiras e a pasarela).
A área de Almacenaxe tamén se reparte en dúas salas. Un almacén de achádegos de 38 metros cadrados onde se almacenarán os restos que cheguen para o estudio que se suplementarán cunha sala na entreplanta de outros 23 metros cadrados con visión directa entre ambos.
ÁREA DE INTERVENCIÓN
A área de Intervencións, ocupa a totalidade do edificio anexo, antigos fornos incluídos, ata totalizar maís de 100 metros cadrados. O laboratorio de traballo situarase na antiga palleira que será pechado co proxecto que se licitou en días pasados, anexo quedará ubicada unha cámara de reactivos químicos, unha cámara frigorífica e outra sala de traballo onde se ubicaran os dous fornos antigos.
Por último, a área de Exposición sitúase na planta baixa do edificio ocupando dúas salas que totalizan máis de 150 metros cadrados. Os expositores quedarán ubicados no tramo máis cercano ao almacén da sala situada baixo a solana do pazo e na outra parte ubicarase a sala multimedia. Aledaña, e como gran área de exposición castrexa con 100 metros cadrados , habilitarase a exposición permanente que ocupará a sala do pesebre dos cabalos que ademáis ten un doado acceso para os visitantes ao ser contigua á recepción do pazo.
ACCESOS SEPARADOS
O CXCA, dada a súa configuración, terá accesos separados para as distintas áreas de intervención, tendo entradas tanto a recpeción, a zona de intervención, a zona de almacenaxe e a zona expositiva á que ademáis se accederá dende a entrada principal.
Ao abeiro desta adxudicación tamén se dotará ao CXCA e ao Pazo de Liñares dun novo centro de transformación eléctrico e una nova acometida soterrada que eliminará tendidos eléctricos aéreos e permitirá tamén o aumento da potencia eléctrica que dará electricidade para o funcionamento do pazo pero tamén para a maquinaria de precisión que se utilizará na instalación.
Tamén se contempla o habilitar un novo acceso pola marxe dereita da entrada principal que daría servizo ao centro de estudo castrexo ao marxe da entrada principal, permitindo a chegada ás portas da sala de clasificación con vehículos pesados.
O Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico da Cultura Castrexa terá unha parte de divulgación con dependencias adicadas a unha tarefa didáctica e expositiva na que os visitantes poidan coñecer tanto o traballo de investigación como os resultados dos mesmos a través da visualización dos restos xa procesados e que se exporán no centro durante un tempo. Precisamente esta vertente permitirá a visita de escolares tanto de Galicia como de toda a península para coñecer a cultura castrexa, combinado con outro proxecto que tamén se porá en marcha en Lalín en vindeiras datas grazas ao programa Depodeza como é o Museo Virtual dos Castros que se instalará no castro tecnolóxico.
Este centro, unha vez se poña en marcha, converterase nun apéndice do prestixioso Museo de Pontevedra, encargándose do proceso de catalogación e estudo dos numerosos restros castrexos cos que consta esta institución.
O laboratorio que se contratou pretende profundizar nos estudio, catalogación e preservación da amplísima riquexa castrexa do Deza, da provincia de Pontevedra pero tamén de toda Galicia.
O CXCA enmárcase dentro do programa Depodeza para a dinamización económica de Deza que ten un orzamento de 5,6 millóns de euros cofinanciado no 70% polos fondos Feder e no 30% pola Deputación. O referido Centro conta cun investimento de 570.277 euros para acondicionar Liñares e convertelo nun contedor cultural, pioneiro no noroeste peninsular, e co que Lalín se converterá nun referente en temas arqueolóxicos.
O rexedor, José Crespo, avanzou que con brigadas municipais se acometerá “o acondicionamento tanto do aparcamento na finca situada na parte dereita do acceso enfronte ao Pazo como da parcela situada na parte traseira e a rehabilitación dos muros restantes”.
A idea que ten o rexedor e que “falaremos ca empresa adxudicataria para tentar ter as obras rematadas antes das Festas de Lalín, data na que tentaremos poñelo en marcha” e facer o acto de inauguración.
“Con estas obras e ca construcción dunha senda peonil que está prevista quedará en perfecto estado de revista para a súa posta en servizo”, explicou o alcalde que precisou que “en vindeiras datas reunirémonos co Anxo Basterra e os membros do Museo da Marioneta para ver a que acordo podemos chegar para radicar aquí o Museo e se encarguen da dinamización do Pazo”.
Tamén aclarou que con Gonzalo Navaza que xa visitou o Pazo e “lle encantou a restauración” miraremos de crear o “Arquivo Histórico do Deza”. Imos a pedir un becario que se encargue de “facer o tratamento da documentación e poder dixitalizar aquela que teñamos en papel”. A nosa idea é “ falar co Bispado de Lugo para que nos permita dixitalizar toda a información das parroquias e os Concellos da Comarca de Deza e cos donos dos Pazo para que nos permitan tamén dispor da ampla documentación da que disponen para tela aquí en dixital e que se poida estudar e investigar”.
Acabou puntualizando Crespo que “temos intención de adicar tamén una sala a Loriga co material que demos conseguido e una sala para Exposición do Camiño de Santiago que nos aporte o Xacobeo que sería interesante para os peregrinos que pasan a escasos metros do camiño de entrada ao Pazo”.











