A Deputación de Pontevedra sacará a licitación a remodelación dos edificios centrais do Museo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra sacará  licitación no vindeiro mes de xuño as obras de remodelación dos edificios centrais do Museo de Pontevedra.

Con estes traballos preténdense corrixir as deficiencias que na actualidade presentan os que foron os primeiros inmobles do Museo, así como mellorar e adaptar ás necesidades actuais todas as súas instalacións (electricidade, fontanería…), renovar as salas e proceder a unha nova musealización.

As obras afectarán principalmente aos edificios Castro Monteagudo e García Flórez.

O Edificio Castro Monteagudo foi, precisamente, a primeira sede do Museo. Trátase dun pequeno pazo do século XVIII situado fronte á Praza da Leña, no número 12 da entón chamada rúa de Gregorio Fernández, hoxe Pasantería.

Este inmoble está datado en 1760 e, segundo a documentación existente, foi edificado por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na Provincia Marítima de Pontevedra.

Nas obras de restauración do inmoble para destinalo a sede do Museo influíron Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, patrón fundador, que dirixiu varias cartas ao tamén fundador Francisco Javier Sánchez Cantón con ideas sobre sobre as reformas que debían facer e pedíndolle a súa intercesión ante o arquitecto Juan Argenti Navajas e o director Casto Sampedro y Folgar.

En 1943, unha vez adquirido o segundo dos edificios do Museo, o García Flórez o primitivo pazo de Castro Monteagudo foi novamente remodelado na súa fachada norte para construír a ponte que actualmente une as dúas edificacións.

3 de maio de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.